Portal:Ourense/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todos os artigos destacados no portal Ourense:

1 editar

Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Está considerado o Pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu á Xeración Nós, ao Seminario de Estudos Galegos e as Irmandades da Fala, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista. Porén, a súa labor socio-política viuse profundamente trastornada trala guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario.

Cuevillas reconstruíu a prehistoria galega dende un cientifismo rigoroso, partindo de cero. A vocación arqueolóxica de Cuevillas, incrementárase asistindo ás tertulias do Museo da Comisión de Monumentos, quedando reflectida no estudo "A mansión de Aquis Querquernis" (1921) que encerraba un vasto labor sobre a romanización de Galicia. Recorreu os montes catalogando calquera información, escavando por primeira vez con criterios estratigráficos modernos, buscando paralelos con outras culturas europeas, sen esquecer publicar os resultados en galego, usando a lingua galega por primeira vez como lingua de ciencia.

En 1953 publicou La civilización céltica en Galicia, trazando cos datos de seis poboados castrexos un panorama da cultura castrexa galega dende as perspectivas máis diversas, como arquitectura, cultura material ou sociedade.


2 editar

Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.

En 1906 foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega.


3 editar

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.

Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.


4 editar

Marta Bobo Arce nada en Ourense o 18 de marzo de 1966 é unha ex ximnasta galega, dúas veces campioa de España no concurso xeral (1981 e 1983).

Debutou con quince 15 anos de idade nos campionatos mundiais de Múnic, en 1981, pero o seu maior logro deportivo foi o noveno posto acadado nos Xogos Olímpicos dos Ánxeles 1984, primeira edición en que a ximnasia rítmica foi deporte olímpico

Foi discípula de Ivanka Tchakarova e Emilia Boneva e unha vez retirada da ximnasia profesional traballou no Canadá como monitora, para máis tarde regresar a Galicia para exercer coma profesora de expresión corporal e didáctica da danza do INEF. Tamén é xuíza internacional nas competicións de ximnasia rítmica.


5 editar

Portal:Ourense/Biografía destacada/5

6 editar

Portal:Ourense/Biografía destacada/6

7 editar

Portal:Ourense/Biografía destacada/7

8 editar

Portal:Ourense/Biografía destacada/8

9 editar

Portal:Ourense/Biografía destacada/9

10 editar

Portal:Ourense/Biografía destacada/10