Ponte do Milenio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
A ponte do Milenio, tamén coñecida como ponte da Gaivota pola súa forma, é a quinta ponte da cidade de Ourense e está situada entre a ponte Maior e a ponte da Nacional 525 (Benavente-Santiago). Ten un deseño interesante e destacado por unha pasarela que a envolve a modo de anel que se deforma para elevarse por encima e baixar polos laterais. Por este anel, pódese camiñar até 20 m de altura por riba da ponte cunha traxectoria de 100 chanzos. A lonxitude do van central é de 110 m cunha pendente de 2.57% e un radio de 320 m[2].
Ponte do Milenio | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°20′44″N 7°52′27″O / 42.345677710541, -7.8742029405824 |
Río | Río Miño |
Concello | Ourense |
Provincia | Ourense |
Características | |
Construción | 2001[1] |
Lonxitude | 277,80 m |
Ancho | 23 m |
Tipo | Sistema de tirantes e piares |
Material | formigón e metal |
Descrición
editarA ponte está constituída por dous niveis. O nivel inferior é unha plataforma de formigón que forma a ponte en si mesma e pola que transitan vehículos e peóns. Un sistema de tirantes e dous piares metálicos inclinados, situados nos extremos, sustentan a plataforma de circulación. O segundo nivel da ponte está constituído pola pasarela peonil que descende polas beiras laterais por debaixo da plataforma e ascende até unirse cos extremos que proceden do outro lateral por encima da ponte formando unha especie de aro deformado que se adapta á ponte de modo envolvente. Este paseo envolvente é transitábel e proporciona unhas vistas interesante da paisaxe do río e da cidade. A obra realizouse entre abril de 1999 e agosto de 2001.[2]
Acceso
editarAccédese desde a estrada N-525 en dirección ao centro da cidade pola Rúa dos Remedios. Ten dobre sentido de circulación e desemboca nos seus extremos en senllas rotondas.
Responsábeis do proxecto
editarO proxecto é do arquitecto Álvaro Varela de Ugarte, da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, máster en Arquitectura pola Universidade Yale e doutor pola Universidade de Toquio. O desenvolvemento da enxeñería foi de Pondio Ingenieros s.l. e a empresa construtora foi UTE Ponte Miño (ACS / OCA).
Galería de imaxes
editar-
Desde a beira dereita do río.
-
Barrio da Ponte, norte da ponte.
-
Desde a beira esquerda do río.
-
O Ribeiriño, norte da ponte.
-
Vista xeral desde o Barbaña.
-
Vista xeral desde o Pavillón.
-
Vista xeral desde o Pavillón.
-
Xeral desde a escada de acceso.
-
Xeral desde a beira sur da ponte.
-
Tirantes e piares da ponte.
-
Paseo peonil envolvente.
-
Piar sur e arranque dos tirante.
Notas
editar- ↑ Información de Turirsmo.gal
- ↑ 2,0 2,1 "Información da Web do arquitecto". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ponte do Milenio |