Abrir o menú principal

Cadro de persoal de Ronsel

Ronsel foi unha revista mensual editada en Lugo en 1924.

Historia e característicasEditar

 
Algúns colaboradores de Ronsel.

Subtitulada Revista de Arte e Revista de la nueva generación gallega (nº 6), apareceu en maio de 1924. Estaba dirixida por Evaristo Correa Calderón e figuraba como director artístico Álvaro Cebreiro. Entre os seus redactores estaban Francisco Luís Bernárdez, Eugenio Montes, Manuel Antonio, Jesús Bal y Gay, Luís Pimentel e Cándido Fernández Mazas. De carácter ecléctico, integrou as correntes máis abertas e vangardistas en materia de creación literaria do momento. Acabou integrando unha xeración de autores galegos, sobre todo lucenses, moi vinculados ás posicións nacionalistas. Incluíu críticas e colaboracións literarias, así como traducións ao castelán de autores cataláns, franceses ou alemáns. No aspecto plástico colaboraron Cebreiro, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Ánxel Xohán, Carlos Sobrino Buhigas e Suárez Couto. Cesou a súa publicación en novembro de 1924 co número 6.

O 15 de xaneiro de 1975 saíu publicado un número extraordinario, en conmemoración do quincuaxésimo aniversario da súa creación.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar