Jesús Carracedo

profesor e xornalista galego

Jesús Carracedo Fernández, nado en Lugo, foi un profesor e xornalista galego.

Infotaula de personaJesús Carracedo
Biografía
NacementoLugo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónIES Lucus Augusti Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesor de ensino secundario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Catalina Fernández Rodríguez e José María Carracedo Vilanova, que fora director do Orfeón Gallego, finado en 1911.[1] Estudou o bacharelato no Instituto de Lugo e foi premio extraordinario de Bacharelato no curso 1910-11.[2] Estudou medicina na Universidade de Valladolid. Colaborou en El Regional e Diario de Galicia co pseudónimo Teófilo Gay.[3] Ao constituirse en decembro de 1918 a Irmandade Nazonalista de Lugo, foi elixido vicesecretario.[4] Nos anos vinte colaborou en Gráfica e Ronsel. En 1933 aprobou os cursiños para substitución en ensinanza secundaria na especialidade de Francés.[5] Profesor de Francés, foi nomeado vicesecretario do Instituto elemental de Guadix en abril de 1934,[6] e encargado interino do curso de Francés no Instituto de Vilalba en marzo de 1935.[7] Colaborou en Alborada.[8]

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi catedrático de Francés do Instituto de Cidade Real e en 1937 foi nomeado tamén profesor especial de Francés da Escola Normal de Cidade Real.[9] Colaborou en Galicia Libre. Abríronlle expediente de depuración sendo profesor encargado de curso do Instituto de Quintanar de la Orden en 1941, foi sancionado con traslado e inhabilitación para cargos directivos e de confianza.[10]

  1. El Norte de Galicia, 20-11-1911, p. 3.
  2. Un centro de formación de líderes
  3. Correa Calderón, E. (28-4-1974). "Pequeña historia de una revista (I)". El Progreso: 18. 
  4. El Progreso, 24-12-1918, p. 1.
  5. El Debate, 15-10-1933, p. 8.
  6. El Siglo Futuro, 25-4-1934, p. 4.
  7. La Voz de Galicia, 5-3-1935, p. 3.
  8. Alborada, 5-11-1935, p. 4.
  9. Gaceta de la República, 21/12/1937, p. 1342.
  10. BOE, 29-12-1941, p. 10168

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar