Gráfica (A Coruña)

Gráfica foi unha revista editada na Coruña en 1922.

Gráfica
Lugar de publicaciónA Coruña
Fundación1922
Na rede
Galiciana: 581757
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Revista quincenal ilustrada, apareceu o 23 de agosto de 1922. Dirixida por Ricardo Camino, o administrador era Manuel Peña.[1] Entre os seus colaboradores figuraron Lois Peña Novo, Eugenio Carré Aldao, Leandro Carré Alvarellos, José Soto-Picos, José García Acuña, Alfonso de Cal, e na parte gráfica Castelao, Álvaro Cebreiro, Camilo Díaz Baliño e Manuel Crestar. Rematou a súa edición co número 3 aparecido o 1 de outubro de 1922.

Notas editar

  1. El Compostelano, 23-8-1922, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar