María Victoria Carballo-Calero
María Victoria Carballo-Calero Ramos, nada en Ferrol o 11 de maio de 1942, é unha historiadora da arte galega, especializada en arte contemporánea, arquitectura e cidade.[1]
(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de maio de 1942 (82 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | Historiadora da arte |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | José Ramón Fernández Castro |
Fillos | María Victoria José Ramón Ricardo María Elena Pablo |
Pais | Ricardo Carballo Calero e María Ignacia Ramos Díez |
Premios
| |
Foi Premio da Cultura Galega, modalidade Artes Plásticas en 2022.[2] Segundo o xurado: "pola "ampla bagaxe" na investigación académica e a difusión cultural da autora no que atinxe á arte galega do século XX".[3]
Traxectoria
editarÉ Catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Vigo. Académica de número e conservadora da Real Academia de Belas Artes de Galicia. Correspondente das Reales Academias de San Fernando (Madrid) e Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Decana da Facultade de Historia da UVi. Vogal do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea. Vogal do Padroado da Fundación Otero Pedrayo e vocal das Comisións de Patrimonio da Xunta de Galicia e do Concello de Ourense.[4]
É filla de Ricardo Carballo Calero e María Ignacia Ramos e nai de María Victoria (profesora de Filoloxía Inglesa da Universidade de Vigo); José Ramón; Ricardo (maxistrado); María Elena e Pablo (profesor de Dereito Mercantil da Universidade de Vigo).[5]
Obra bibliográfica
editar- La ilustración en la Revista Nós, 1983.
- Julia Minguillón, 1984 (Fundación Barrié, tese de doutoramento).
- El Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (con Antonio Bonet Correa e M.A. González García), 1987.
- Antón Faílde, 1986.
- Os Castelaos de Ourense, 1985.
- La revista Vida, una aventura antes de Alfar, 1997.
- La transformación de una ciudad: Ourense 1880-1936 (con Javier Suances e Marcos Valcárcel), 1995.
- Arte de Fin de Siglo, (con Simón Marchán e Carmen Pena), 1998
- Arte y Ciudad, ámbitos medieval, moderno y contemporáneo, (Cord), 2000.
- Julia Minguillón y Maruja Mallo. El reencuentro con la modernidad en la posguerra, 2001.
- A Arte Galega na Colección Caixanova (con José Carlos Valle Pérez, María Luisa Sobrino e Xosé Antón Castro), 2005.
- "Castelao and the Debate on Modernity. The state of Affairs", en Modern Galicia, 1916-1936.
- "Prints in Modern Galicia. The Twenties and Thirties", en Modern Galicia, 1916-1936, 2005.
Premios
editar- En 2021 foi Premio Trasalba.[6]
- En 2022 foi Premio da Cultura Galega.
Notas
editar- ↑ "Relación de académicos". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2015.
- ↑ Galicia, Xunta de (2022-10-04). "Os premios da Cultura Galega 2022 recaen en Marica Campo, María Victoria Carballo-Calero, Melania Cruz, Música en Compostela, Xosé Manuel Gayoso, Manuel González, Xacarandaina e o programa ConCiencia". Xunta de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2022. Consultado o 2022-10-04.
- ↑ Diario, Nós (2022-10-04). "Os Premios da Cultura Galega recoñecen, entre outros, a Marica Campo, Gayoso e Melania Cruz". Nós Diario. Consultado o 2022-10-05.
- ↑ Currículo na páxina da Real Academia Galega de Belas Artes.
- ↑ Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 103. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ Fernández, Elisabet (2021-04-30). "María Victoria Carballo-Calero, premio Trasalba 2021". La Región (en castelán). Consultado o 2021-05-02.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
- Enciclopedia Galega Universal, t. 4, p. 424.
- Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 185.
- Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 18, p. 44.