Hemeroteca
Unha hemeroteca é a colección de material impreso de publicación diaria ou periódica.[1] Isto corresponde a diarios, revistas e outros medios de prensa escrita.
Polo xeral corresponden a unha sección dunha biblioteca que garda e serve ó público diarios e demais publicacións periódicas, pero tamén son as coleccións ou fondos dos propios medios que os editan.
OrixeEditar
Significa, segundo a etimoloxía grega, "depósito dos días".
NotasEditar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para hemeroteca.