Manuel Crestar

debuxante galego

Manuel Crestar Díaz, nado en Betanzos o 21 de decembro de 1900, foi un debuxante galego.

Infotaula de personaManuel Crestar
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1900 Editar o valor em Wikidata
Betanzos Editar o valor em Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsLuisa Crestar Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estivo emigrado uns anos en Cuba. Pertenceu á Irmandade da Fala de Betanzos. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1921. Durante a Segunda República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias; frecuentou na capital coruñesa o parladoiro de Luís Huici, xunto con Luís Seoane, Francisco Miguel, Xenaro Ruano, Álvaro Cebreiro e José Villaverde. Pasou a Guerra Civil en Madrid onde colaborou no periódico Galicia Libre, voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios. Trasladouse a Valencia en 1938, pertenceu á directiva da Agrupación de Gallegos Libertarios. Publicou os seus gravados e caricaturas en Galicia, Alfar, El Pueblo Gallego, Galicia Gráfica e Céltiga. Pasou a Francia en 1939 e alí se perde a súa pista.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar