Galicia Libre (Madrid)
Galicia Libre foi unha publicación periódica de inspiración anarquista editada en Madrid entre 1937 e 1939.
Galicia Libre | |
---|---|
![]() ![]() | |
Fundación | 1937 |
Remata | 1938 |
Editorial | Confederación Nacional do Traballo e Asociación Internacional dos Traballadores |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Madrid |
Descrito por | Enciclopedia Galega Universal, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada e Diccionario da literatura galega |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarÓrgano da Agrupación de Gallegos Libertarios, apareceu o 20 de setembro de 1937. Foi unha publicación primeiro decenal e despois quincenal dirixida por Samuel Gómez González, o líder da Agrupación de Gallegos Libertarios. A partir do número 22 (do 15 de maio de 1938) pasou a subtitularse Órgano de la Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. A comezos de 1939 trasladouse a Valencia, onde se imprentaron os dous últimos números. Entre os seus colaboradores figuraron Miguel Vázquez Valiño, Manuel Pita Armada, José Ledo Limia e Luís Chamorro e as ilustracións de Manuel Crestar. Tamén chegaban colaboracións dende a emigración galega de América, destacando as de Campio Carpio.
Publicou os debuxos de Castelao da serie "Atila en Galicia".
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Galicia Libre". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Galicia Libre". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. p. 127. ISBN 84-87783-79-1.
- Madrid Santos, F. (1989). La prensa anarquista y anarcosindicalista en España desde la I Internacional hasta el final de la Guerra Civil (tese, CC BY 3.0 ES) (en castelán). UB.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 232. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Galicia Libre no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.