José Ledo Limia

sindicalista galego

José Ledo Limia, nado en Ourense o 30 de agosto de 1900 e finado na mesma cidade o 25 de maio de 1977, foi un sindicalista e militante libertario galego.

Infotaula de personaJosé Ledo Limia
Biografía
Nacemento30 de agosto de 1900 Editar o valor em Wikidata
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 1977 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Durante a primeira guerra mundial emigrou ao Río de Xaneiro e despois pasou pola Arxentina, Chile, o Uruguai e o Perú. En 1919 foi deportado da Arxentina. Detido en Vigo, foi alistado no Exército e entre 1921 e 1925 foi artilleiro no Protectorado Español de Marrocos. Emigrou á Habana e México (1925-1926) e traballou en Pensilvania, onde coñeceu a Antonio Guede, que o introduciu nas ideas anarquistas. En 1926 foi deportado a España pola súa participación na campaña pro Sacco e Vanzetti. Ao chegar foi encarcerado uns meses e despois viviu escondido. Nesta época colaborou ​na creación do Ateneo de Divulgación Social de Madrid.

Durante a Segunda República traballou como cociñeiro de mariña na Compañía Transmediterránea, realizando viaxes ao Brasil, o Uruguai e a Arxentina, actuando como enlace do movemento anarquista e transportando militantes e propaganda. Despois dunha viaxe a Bioko no que estivo a piques de morrer de paludismo, deixou o mar. Militou entre Barcelona e Madrid e na folga xeral revolucionaria de 1934 foi encarcerado con Fosco Falaschi e Benigno Mancebo, compañeiros do grupo anarquista de acción "Los Intrasigentes". Condenado a morte, en 1936 foi liberado grazas á amnistía outorgada polo Fronte Popular. Militou no Sindicato Gastronómico de Madrid e na Federación Anarquista Ibérica.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse á Columna Gallega como delegado sindical da CNT, loitou na fronte de Madrid. Colaborou ​na Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid e no seu órgano Galicia Libre. En 1937 entrou na Sección de Investigación do Movemento Libertario de Barcelona e de Madrid, encargada de controlar a "contrarrevolución estalinista". Nestes anos foi moi crítico cos compañeiros que aceptaron cargos gobernamentais. Coa derrota da República puido evitar a detención e chegar a Francia a través de Mataró e Camprodon. Pasou polos campos de concentración franceses (Argelers, Barcarès, San Cipriano, Arles), dos que fuxiu sen éxito en varias ocasións, foi enviado a campos de castigo e a unha compañía de traballadores de Niort.

Puido chegar a París, onde, despois de enfrontarse con responsables do Consejo General del Movimiento Libertario Español (MLE), conseguiu unha pasaxe a América. En abril de 1939 embarcou en Le Havre cara Ciudad Trujillo (República Dominicana). En 1942 instalouse en Veracruz e Querétaro, participou na conformación da CRG no exilio mexicano. En 1965 entrou clandestinamente en Portugal, aínda que tivo que fuxir pronto a México. A comezos dos anos setenta volveu a España, onde foi acollido en Lemparte polo seu amigo Daniel Seijas. Pasou os seus últimos catro anos nunha residencia de anciáns en Ourense.

Félix Álvarez Ferreras publicou en 1974 unha autobiografía por entregas de José Ledo no periódico Espoir.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar