Manuel Pita Armada
Manuel Pita Armada, nado en Cariño cara a 1910, foi un sindicalista libertario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1910 Cariño, España |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Traxectoria
editarNado no seo dunha familia acomodada da vila de Cariño, foi un dos fundadores do Sindicato da Industria Pesquera de Cariño (1933), integrado na CNT. Como consecuencia da folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido no cárcere de Ortigueira[1] e sufriu prisión no castelo de San Filipe. Despois do triunfo electoral da Fronte Popular saíu do cárcere ao beneficiarse dunha amnistía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 embarcou no boniteiro Arkale coa directiva do sindicato rumbo ao porto francés de Saint Nazaire. De Francia trasladouse a Almería onde prestou servizo na base naval e axudou ao seu irmán José Pita na posta en marcha da industria pesqueira en Adra. Integrado na Agrupación de Gallegos Libertarios, colaborou no seu voceiro Galicia Libre. Coa derrota republicana exiliouse en Orán onde foi confinado nun campo de concentración, pero puido entrar en Francia por medio do SERE e embarcou rumbo a Chile no buque Winnipeg cos seus irmáns José e Vicente.[2] Instalouse en Valparaíso onde traballou nunha compañía de seguros. Continuou vinculado ao movemento libertario en Chile até ben entrados os anos cincuenta.
Na literatura
editarA súa historia foi recreada na novela Winnipeg (2013) de Hixinio Puentes.
Notas
editar- ↑ El Correo Gallego, 3-11-1934, p. 2.
- ↑ Lista de refuxiados do Winnipeg
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). Positivas, ed. O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela. pp. 197–198. ISBN 84-87783-79-1.