Alfar foi unha revista editada na Coruña entre 1923 e 1954.

Alfar
PaísEspaña
Lugar de publicaciónA Coruña
Lingualingua castelá
Na rede
Galiciana: 577321
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Continuadora da Revista de Casa América-Galicia, comezou no número 32, en setembro de 1923 como unha publicación de creación e de vangarda dirixida por Julio José Casal.[1] Mantivo o carácter literario da publicación anterior e pronto comezaron a aparecer colaboracións de Antón Villar Ponte, Gabriela Mistral e Juana de Ibarbourou, procurándolle á revista un carácter de fusión entre a arte galega e hispanoamericana e introducindo en España movementos de vangarda como o surrealismo ou o creacionismo, feito que a situou ao nivel doutras publicacións do seu tempo como a Revista de Occidente.[2][3]

 
Inscrición en lembranza da revista Alfar.

Entre os seus colaboradores estiveron as figuras principais do ultraísmo e o creacionismo (Guillermo de la Torre, Vicente Huidobro, Pedro Garfias, Jorge Luis Borges, Francisco Vighi, Benjamín Jarnés); figuras da xeración de 1898 e 1927 (Ramón Gómez de la Serna, Miguel de Unamuno, Antonio e Manuel Machado, Eugeni d'Ors, Rafael Cansinos Assens, Gabriel Miró, Rafael Alberti (presentando os seus primeiros poemas), Gerardo Diego, Jorge Guillén) e outros autores destacados do panorama nacional e internacional como Max Aub, Juan Carlos Onetti, Francisco Ayala, Azorín, Paul Éluard, César Vallejo, Oliver Selmás, José Bergamín, Antonio Noriega Varela, Castelao, Vicente Risco, Leandro Pita, Salvador de Madariaga, Santiago Casares Quiroga, Luis Amado Carballo, Manuel Azaña, Álvaro Cebreiro ou Ramón María Tenreiro.[4] Destacou asemade polo valor das súas colaboracións no aspecto gráfico, publicando gravados e ilustracións de Pablo Picasso, Salvador Dalí, Maruxa Mallo, Juan Gris, André Breton, Sonia Delaunay, Joaquim Sunyer, Norah Borges, Pazkiewiez, Juan Esplandiú e Cándido Fernández Mazas.[5]

O seu núcleo vertebrador constituíano intelectuais galegos (especialmente coruñeses) que defendían o sentido do europeísmo artístico e literario sen esquecer o enraizamento galego, e contaba así mesmo con colaboradores de moi diversa procedencia (ademais dos nomeados con anterioridade, foi tamén remarcable a participación de autores das literaturas canaria e catalá, e poetas portugueses traducidos ao castelán).[6]

Julio José Casal deixou a dirección despois do número 60, en 1926, e logo dun tempo sen publicarse, foi substituído por Juan González del Valle na reaparición da revista en xullo de 1927.[7] Dous anos despois Julio José Casal volveu facerse cargo da dirección, na que estivo ata o seu falecemento en 1954 (ano da publicación do número 91 da revista, o derradeiro, no Uruguai).

Edicións facsímiles editar

En 1983 Edicións Nós da Coruña realizou un facsímile de Alfar, baixo a dirección de César Antonio Molina, concibido en cinco tomos e do que o quinto non chegou a publicarse debido a problemas económicos. Un ano despois, Sotelo Blanco Edicións encargouse de publicar completa a edición facsímile.[8][9][10]

Notas editar

  1. Isabel Bugallal "El cónsul que creó 'Alfar'", La Opinión A Coruña, 24 de outubro de 2016 (en castelán).
  2. Carlos Fernández "«Alfar» y su época" Arquivado 21 de agosto de 2017 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 29 de outubro de 2005 (en castelán).
  3. Santiago Romero, "La insospechada galleguidad de Borges", La Opinión A Coruña, 19 de decembro de 2010 (en castelán).
  4. Isaac Díaz Pardo, "Os Villar Ponte e A Coruña", La Voz de Galicia, 19 de xaneiro de 2003 (en castelán).
  5. Susana Cendán, "Sonia Delaunay & Alfar: pasajes de una relación singular", Abrente 42-43: 401-416. Real Academia Galega de Belas Artes, 2011 (en castelán).
  6. Víctor García de la Concha ""Alfar": Historia de dos revistas literarias: 1920-1927", Cuadernos Hispanoamericanos, núm. 255 (marzo 1971), pp.500-534. Cervantes Virtual (en castelán).
  7. El Pueblo Gallego, 20-7-1927, p. 2.
  8. Manuel Rivas, "Edición facsímil de la revista cultural 'Alfar'", El País, 10 de xullo de 1983 (en castelán).
  9. Manuel Rivas, "La recuperación de 'Alfar' revela una insólita experiencia cultural en la periferia", El País, 14 de xaneiro de 1984 (en castelán).
  10. La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930), de César Antonio Molina en Dialnet (en castelán).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar