Diario de Galicia (Santiago de Compostela)
Diario de Galicia foi un xornal que se editou en Santiago de Compostela entre 1908 e 1930.
Diario de Galicia (Santiago de Compostela) | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
TraxectoriaEditar
Aparece o 28 de novembro de 1908, co subtítulo Periódico de la mañana. Telegráfico, noticiero y de información general. De tendencia católico-monárquica, estaba auspiciado polo cardeal Martín de Herrera. Foi o seu primeiro director Eugenio Zabala Herrera,[1] ao que sucederon Jacobo Varela de Limia, Miguel Ferrer Fernández e Francisco Sánchez García. Editábase en imprenta propia, constaba de 4 páxinas en tamaño folio. Con constantes referencias a outras publicacións como Vida Gallega, El Noroeste ou La Región, contou coa colaboración de Antonio G. Queipo, Francisco Romero Blanco e Antonio López. Cesou a súa publicación o 21 de setembro de 1930 co número 6.886.
NotasEditar
- ↑ El Progreso, 26-11-1908, p. 2.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.