Abrir o menú principal

Jacobo Varela de Limia

Jacobo Varela de Limia Menéndez, nado en Santiago de Compostela en 1878 e finado en Santiago de Compostela o 2 de febreiro de 1935, foi un avogado, xornalista e político galego.[1]

Jacobo Varela de Limia
Jacobo Varela de Limia 1932.jpg
Nacemento1878
 Santiago de Compostela
Falecemento2 de febreiro de 1935
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidade de Madrid. Exerceu a avogacía en Santiago de Compostela e foi concelleiro. Foi director de Diario de Galicia e El Ideal Gallego, posto que abandonou para ser catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. Impulsou numerosos sindicatos agrícolas confesionais e fundou a Federación Católica Agraria da diocese de Santiago de Compostela, da que foi presidente. Desempeñou o cargo de tesoureiro da Confederación Nacional Católica Agraria en Madrid (1921-1924). Vinculado ao maurismo, na ditadura de Primo de Rivera foi gobernador civil de Lugo (1923-1926). Presidiu a Unión Regional de Federaciones Católicas Agrarias e o matadoiro do Porriño. Adscribiuse ao grupo da Democracia Cristiá e ao secretariado de Galicia en Madrid. Publicou en 1918 o folleto rexionalista conservador Orientaciones regionalistas e presentou o relatorio "La cooperación en la producción" no I Congreso Nacional Cerealista de Valladolid (1926).

 
José Toubes e Jacobo Varela de Limia, 1920.

ObrasEditar

  • Orientaciones regionalistas, 1918.

NotasEditar

  1. Artigo VARELA DE LIMIA Y MENÉNDEZ, Jacobo, por Alberto Martínez López, Gran Enciclopedia Galega