José Varela de Limia

matemático e político galego

José Varela de Limia Menéndez, vizconde de San Alberto, nado en Xixón en agosto de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 17 de marzo de 1946,[1] foi un matemático e político galego.

José Varela de Limia
José Varela de Limia 1927.jpg
Nacementoagosto de 1874
 Xixón
Falecemento17 de marzo de 1946
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
IrmánsJacobo Varela de Limia
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de José Varela López de Limia e Cándida Menéndez Jove-Huergo. Estudou a carreira de Ciencias na Universidade de Madrid e rematou a carreira e foi Doutor en Ciencias Exactas. Foi profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Partido Conservador, foi elixido deputado provincial polo distrito de Padrón en 1899.[2] Durante o goberno de Antonio Maura foi gobernador civil de León (1907) e Zamora (1907-1908). En 1910 foi candidato a deputado polo distrito de Muros-Negreira fronte a Eugenio Montero Villegas, que foi o finalmente elixido. En 1911 volveu ser candidato polo mesmo distrito fronte a Anselmo Villar Amigo,[3] que foi o finalmente elixido. Foi presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de 1912 a 1919. Foi senador pola Sociedade Económica de Amigos do País de Madrid en 1921, 1922 e 1923. Foi conselleiro do Banco de España. Era dono do pazo Pena do Ouro en Noia.

 
Pazo da Pena do Ouro.

Vida persoalEditar

Casou con Segunda Pais Gutiérrez, filla de Pedro Pais Lapido, e foi pai de María, Pedro, Carmen, Pilar e María Teresa Varela Pais.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Correo Gallego, 19-3-1946, p. 2.
  2. Diario de Pontevedra, 5-10-1899, p. 2.
  3. El Eco de Galicia, 7-6-1911, p. 1.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar