Pedro Pais Lapido

xurista e político galego

Pedro Pais Lapido, nado en Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1841 e finado en Barcelona o 8 de febreiro de 1917, foi un xurista e político galego.

Modelo:BiografíaPedro Pais Lapido

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de setembro de 1841 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de febreiro de 1917 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX1388716 BUSC: pais-lapido-pedro-1841-1917

Traxectoria

editar

Doutor en Dereito pola Universidade Central de Madrid, foi letrado no corpo de Facenda, director da Caixa de Aforros de Santiago de Compostela, presidente da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e presidente do comité executivo da Exposición Rexional de 1909. Xosé Luís Barreiro defíneo como “home de fortuna, pero sobre todo soñador de utopías (...) o grande impulsor, a máquina motora desta exposición”; parece que puxo moito diñeiro do seu propio peto (o déficit alcanzou as 265.000 pesetas), por iso en Santiago se acuñou a frase: “que o pague Pais Lapido”. Membro do Partido Conservador, foi deputado polo distrito de Noia en tres lexislaturas (1886-1896).

  • Documentos del monasterio de Tojos-Outos, 1889.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar