Eugenio Montero Villegas
político galego
Eugenio Montero Villegas, nado en Madrid en novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 9 de setembro de 1917, foi un político galego.
Eugenio Montero Villegas | |
---|---|
Nacemento | novembro de 1873 |
Lugar de nacemento | Madrid |
Falecemento | 9 de setembro de 1917 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
Pai | Eugenio Montero Ríos |
Cónxuxe | Josefina Becerra Malvar |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Fillo de Eugenio Montero Ríos e Avelina Villegas Rubiños. Estudou Dereito en Madrid e licenciouse en Dereito Civil e Canónico. Como sucedeu co seu irmán Avelino, aos vinte e cinco anos, a familia situouno no distrito de Cambados, aproveitando que a finais de xuño de 1898 morreu o deputado deste distrito Antonio Díaz de Rábago. A partir das eleccións de 1899 e ata 1916 saíu elixido deputado por Muros en sete lexislaturas consecutivas. Foi director xeral de Agricultura (1906) e subsecretario de Graza e Xustiza e de Instrución Pública.
Vida perosal Editar
Casou con Josefina Becerra Malvar, filla de Manuel Becerra Armesto.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- "O poder do caciquismo e as sagas dos Montero e dos Bugallal en Muros no primeiro tercio do século XX" (23/10/2009) Homes de pedra en barcos de pau.
- Anatomía dunha rede caciquil CCG.