Eleccións xerais de España de 1916

(Redirección desde «Eleccións Xerais 1916 en España»)

As eleccións xerais de España de 1916 foron convocadas no medio da primeira guerra mundial, na que España se declarou neutral, baixo sufraxio universal masculino. En total foron elixidos 409 deputados, e o partido máis votado foi a coalición das dúas faccións do Partido Liberal, dirixidas por Manuel García Prieto e Romanones. O Partido Liberal-Conservador quedou a 115 escanos dos liberais. Tamén se presentou unha Conjunción Republicano-Socialista, que reunía os diferentes partidos republicanos e o PSOE, pero non a Unión Federal Nacionalista Republicana e os radicais de Alejandro Lerroux, que ían aínda unidos polo Pacto de Sant Gervasi.

Eleccións xerais de España de 1916
 ← 1914 Editar o valor en WikidataEspaña Editar o valor en Wikidata 1918 Editar o valor en Wikidata  → 
Data9 de abril de 1916 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións xerais en España Editar o valor en Wikidata
Cargo elixidoPresidente do Goberno de España
deputado no Congreso dos Deputados Editar o valor en Wikidata
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
Álvaro de Figueroa Torres-MendietaElixido/a
0
 

Foi elixido presidente do Congreso o liberal demócrata Miguel Villanueva e presidente do Senado, Manuel García Prieto. O presidente do Goberno foi o conde de Romanones, pero en xaneiro de 1917 dimitiu por mor de enfrontamentos co exército, que creara as Xuntas de Defensa. Ao mesmo tempo, rompeuse o Partido Liberal ao ser expulsados do partido Manuel García Prieto e Santiago Alba Bonifaz. O goberno de García Prieto, sucesor de Romanones, rompeuse e o 11 de xuño de 1917 Eduardo Dato formou un novo goberno con conservadores, pero tiña unha maioría inestable, o que provocou a convocatoria da Asemblea de Parlamentarios. A folga xeral de 1917, ademais, provocaría a dimisión de Dato o 3 de novembro de 1917. Formouse entón un goberno de concentración nacional formado por liberais, conservadores e a Lliga Regionalista ata que se convocaron novas eleccións o 24 de febreiro de 1918.

Composición do Congreso dos Deputados

editar
 
O Conde de Romanones fotografado por Kaulak (c. 1911)

Eleccións Xerais en España, 9 de abril de 1916

Partido Escanos no Congreso Líder
Partido Liberal y Liberales-Demócratas 203 Conde de Romanones
Partido Liberal-Conservador 88 Eduardo Dato
Conservadores mauristas 17 Antonio Maura
Conjunción Republicano-Socialista 13 Roberto Castrovido Sanz
Lliga Regionalista 13 Francesc Cambó
Partido Reformista 12 Melquíades Álvarez
Comuñón Tradicionalista 9 Enrique de Aguilera y Gamboa,
marqués de Cerralbo
Conservadores de Juan de la Cierva 8 Juan de la Cierva y Peñafiel
Coalición Republicana-Radical 6 Alejandro Lerroux
Católicos independentes 3 Marqués de Santillana
Partido Integrista 2 Manuel Senante y Martínez
Bloc Republicà Autonomista 1 Marcelino Domingo Sanjuán
Nacionalistas republicanos cataláns 1 Francesc Macià
Rexionalistas casteláns 1 Antonio Zumárraga Díez
Dinásticos Vascos 1 Luis de Urquijo y Ussía
Republicanos cataláns independentistas 1 Salvador Albert i Pey
TOTAL 379

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar