Salvador Albert
Salvador Albert i Pey, nado en Palamós en 1868 e finado en Cerdanyola del Vallès en 1944, foi un político e escritor catalán.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1868 ![]() Palamós, España ![]() |
Morte | 1944 ![]() Cerdanyola del Vallès, España ![]() |
![]() | |
4 de xullo de 1931 – 2 de maio de 1933 (renuncia) Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Gerona (en) ![]() | |
![]() | |
18 de xuño de 1910 – 15 de setembro de 1923 ← Juli Marial i Tey (pt) ![]() Circunscrición electoral: Q64755021 ![]() ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | xornalista, escritor, político, novelista ![]() |
Partido político | Republican Nationalist Federal Union (en) ![]() Esquerra Republicana de Catalunya ![]() |
Descrito pola fonte | Q122834026 ![]() ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEstudou dereito, pero non acabou a carreira. De mozo militou no republicanismo posibilista, representado primeiro pola Unión Federal Nacionalista Republicana e despois polo Partit Republicà Català. Nas eleccións xerais de 1910 e 1914 foi elixido deputado polo distrito electoral da Bisbal, facéndose coñecido en todo o país ó superar a quen, en principio, era o gran favorito, Francesc Cambó. Grazas ós electores de San Feliu de Guíxols, que o votaron masivamente, foi revalidando a acta de deputado nas eleccións de 1916, 1918, 1919, 1920 e 1923. Nestas contendas a miúdo participaba con coalicións republicanas, de esquerdas e catalanistas. Xunto con Joaquim Salvatella formaba parte do chamado "baluarte empordanés" pola fidelidade que lles amosaban os seus electores.[1][1]
Proclamada a Segunda República, foi elixido deputado nas eleccións xerais de 1931 por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), sendo o candidato con máis votos de toda a provincia de Xirona. Xusto despois foi nomeado embaixador español en Bélxica (1931-1934). Despois da Guerra Civil foi detido e permaneceu encarcerado en Xirona, na mesma cela que Carles Rahola i Llorens, sendo liberado pouco antes de morrer.[1]
Obras
editar- Poesía
- Florida de tardor, (1918)
- Confins, (1921)
- Òpals, (1924),
- El Cuatre fulls del meu poema, (presentado nos Xogos Florais de Barcelona de 1924)[2]
- Novela
- Ideal, (1898)
- Teatro
- El despertar d'un cor, (1896)
- Ensaio
- Amiel, (1919)
- El tesoro dramático de Henrik Ibsen, (1920)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Diccionario de Historia de Cataluña. Ed. 62, Barcelona, 1998. ISBN 84-297-3521-6. pp. 20.
- ↑ Archivo Histórico de la Ciudad de Barcelona Arquivado 23 de abril de 2011 en Wayback Machine. Fondos 6B-Jocs Florals, SerieIII-Plicas (1924) documento 219