Palamós
Palamós é un municipio da Costa Brava pertencente á provincia de Xirona e á comarca do Baix Empordà (Cataluña, España) considerado como unha vila. O seu porto comercial é o terceiro de Cataluña tras o de Barcelona e Tarragona.

Historia Editar
As primeiras referencias do asentamento humano en Palamós atópanse no dolmen de Montagut (2500-1500 aC). e os posteriores restos dun poboado ibérico na Praia do Castell.
En 1277, Pedro II o Grande, encarga a compra do castelo de Sant Esteve, construído sobre restos románicos, e inicia deste xeito o desenvolvemento dun novo núcleo de poboación, alentado en 1279 coa concesión dos privilexios descritos na Carta Pobra e a creación dun mercado semanal.
A súa fundación foi consecuencia da necesidade dun novo porto real na zona do Empordà, dado que o antigo porto de Torroella de Montgrí sufría unha acelerada colmatación.
En 1543 os ataques da escuadra turca de Barbarosa fan caer a Vila de Palamós ocasionando unha gran catástrofe na poboación. Desa época, data unha bula papal, concedida para permitir a recuperación de Palamós.
A peste arrasou a cidade en 1652 e foi a orixe do voto de peregrinar unha vez ao ano ata a ermida de Bell-lloc datada do século XIII.
Comunicacións Editar
Palamós é atravesado pola C-31, que o comunica coas localidades veciñas de Castell d'Aro e Palafrugell así como Xirona, a capital da provincia. Carece de comunicación por ferrocarril, estando a estación máis próxima en Flaçà, Caldes de Malavella ou Xirona.
Deporte Editar
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palamós |