Torroella de Montgrí

Torroella de Montgrí é un municipio da comarca do Baix Empordà, na provincia de Xirona, Comunidade Autónoma de Cataluña, España. Está situado na metade norte da Costa Brava, entre os municipios costeiros de L'Escala e Pals.

Modelo:Xeografía políticaTorroella de Montgrí
Torroella de Montgrí (es)
Torroella de Montgrí (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°02′38″N 3°07′43″L / 42.043888888889, 3.1286111111111
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Xirona
ComarcaBaix Empordà Editar o valor en Wikidata
CapitalTorroella de Montgrí (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación12.356 (2023) Editar o valor en Wikidata (187,5 hab./km²)
Número de fogares245 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie65,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ter e Mar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude31 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Torroella (en) Traducir Editar o valor en WikidataJordi Colomí i Massanas (2019–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17257 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE17199 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT171997 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webtorroella-estartit.cat Editar o valor en Wikidata
Instagram: ajtorroella Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Torroella de Montgrí está situado na Costa Brava e limita ao leste co mar Mediterráneo. O núcleo de Torroella está no interior e a localidade máis poboada do concello situada na costa é L'Estartit. O municipio limita con L'Escala polo norte, Bellcaire d'Empordà polo noroeste, Ullà polo oeste, Fontanilles e Gualta polo suroeste, e Pals polo sur.

Hai dous elementos que caracterizan o territorio do municipio: o macizo do Montgrí, na metade norte, e a chaira do Baixo Ter, na metade sur. O primeiro é compartido con outros municipios, aínda que a maior parte do macizo atópase no termo de Torroella. O segundo, dominado por cultivos, está cheo de masías. Tamén pertencen ao concello as illas Medes, situadas a 1 km do núcleo de L'Estartit. Recentemente creouse o Parque Natural do Montgrí, as Illas Medes e o Baixo Ter para protexer o valor natural dos hábitats desta zona.

Demografía

editar

As entidades de poboación do municipio son: Torroella de Montgrí, L'Estartit, Cala Montgó, L'Abolleria i Sobrestany e as urbanizacións de Les Dunes, El Mas Pinell-la Gola, La Torre Gran i l'Estartit Residencial, la Torre Moratxa e Els Griells-La Platera.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2013
3.543 4.264 4.400 5.175 5.599 8.454 11.472

Lugares de interese

editar
  • As Illas Medes, situadas na costa de L'Estartit e consideradas Zona Especialmente Protexida de Importancia para o Mediterráneo (ZEPIM).
  • Ponte sobre o Ter, murallas e núcleo medieval en Torroella.
  • Castelo de Montgrí, inacabado, do século XIV, situado no cume do Montgrí.
  • Igrexa de L'Estartit
  • Gola do Ter, na desembocadura do río Ter.
  • Dunas de area ao suroeste do Montplà.
  • Calas situadas entre L'Escala e L'Estartit.

Festividades

editar
  • Festa maior de Sant Genís, o 25 de agosto.
  • Mercado semanal os luns.
  • Feira de Sant Andreu, a última fin de semana de novembro, é unha das máis antigas de Cataluña, con máis de 600 anos de historia.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar