Illas Medes
As illas Medes (en catalán: Illes Medes) son un arquipélago da Costa Brava, a pouco máis dun quilómetro do litoral de l'Estartit, situado no mar Mediterráneo formado por unhas sete illas e algúns illotes fronte á costa de Cataluña (nordés de España). Ten unha superficie aproximada de 21,5 ha. Posúe un fondo mariño, favorecido pola súa proximidade á desembocadura do río Ter, que atrae a numerosos investigadores que o estudan cada ano facendo desta reserva marítima unha das máis importantes do Mediterráneo e a máis grande en extensión de Cataluña. A illa con máis lonxitude do grupo é a Meda Gran.
Tipo | arquipélago | |||
---|---|---|---|---|
Localizado na área protexida | Parque natural do Montgrí, as illas Medas e o Baixo Ter | |||
Localización | ||||
División administrativa | L'Estartit, España | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Características | ||||
Altitude | 73,8 m | |||
Dimensións | 900 () m mínimo: 85 () m máximo: 600 () m | |||
Perímetro | 3 km | |||
Superficie | 21,5 ha | |||
As sete illas son de maior a menor extensión: la Meda Gran, la Meda Xica, el Carall Bernat, els Tascons Grossos, el Medellot, els Tascons Petits e les Ferrenelles. O arquipélago é, de feito, a continuación do macizo do Montgrí.
É un dos espazos de interese natural máis importante do Mediterráneo e unha gran reserva de fauna e flora.
Historia
editarOs restos de naufraxios que se atoparon proban que as illas foron transitadas polo ser humano desde hai moito tempo, sendo a miúdo unha base dos piratas para as súas incursións á costa. Ata 1934 estiveron habitadas.
A protección das illas iniciouse en 1983 cunha orde da Generalitat de Cataluña. En 1985 unha resolución estableceu normas de cumprimento obrigatorio na zona vetada. En 1990, integrándose uns anos máis tarde no PEIN, promulgouse unha lei para a protección e conservación da flora e fauna do fondo mariño das illas Medes e da parte de costa do Montgrí, entre a Roca do Molinet e Punta Salines.
Fauna terrestre
editarCon respecto á fauna terrestre, o freo que separa o arquipélago da superficie terrestre foi unha barreira infranqueable para as especies desprovistas de ás.
Hai tres especies de réptiles: a osga (Tarentola mauritanica), o lagarto (Podarcis hispanica) e a lagarta rabuda oriental (Psammodromus jeanneae, antes Psammodromus algirus); e unha de mamíferos: o rato doméstico (Mus musculus) que, en certo xeito, son animais que o ser humano introduciu.
Respecto dos alados, hai 146 especies de insectos e 60 de aves, a maioría aves mariñas. Destacan a gaivota arxéntea (Larus cachinnans), cunhas 8.000 parellas que crían desde marzo ata maio, o corvo mariño real (Phalacrocorax carbo), o corvo mariño grande (Ph. aristotelis), a garzota común (Egretta garzetta), a garza denoiteira (Nycticorax nycticorax), a garza real (Ardea cinerea) etc.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Illas Medes |
- Área protexida das Illas Medes do Departamento de Medio Ambiente da Generalitat de Cataluña (en castelán)
- Reserva Marina Illas Medes. Espazos Protexidos en España (en castelán)