Macizo do Montgrí

Coordenadas: 42°03′42″N 3°07′15″L / 42.061553, 3.120858

O macizo do Montgrí (en catalán: Massís del Montgrí) é un macizo montañoso xunto á costa do mar Mediterráneo en Cataluña, que forma parte da Cordilleira Litoral. Sitúase entre as comarcas do Baix Empordà e Alt Empordà, entre os municipios de Bellcaire d'Empordà, L'Escala, Ullà e Torroella de Montgrí.

Unha paisaxe no Macizo do Montgrí, co Val de Santa Caterina e a Montaña de Ullà, visto desde a vertente norte de Montplà.
O macizo do Montgrí coroado polo Castelo do Montgrí.

Xeoloxía editar

O macizo do Montgrí é un xurdimento de roca calcaria formado por unha falla orientada de leste a oeste. A súa creación é sincrónica á do Pireneo. A miúdo atópanse intrusións magmáticas de cuarzo vermello ou marrón.

Polas súas elevacións destacan os picos da Muntanya d'Ullà (308 m), o Montgrí (301 m) e o Montplà (310,3 m), próximos a Torroella, e a Torre Moratxa (218 m) e Roca Maura (226 m) na vertente próxima a L'Estartit. Entre ambos bloques atópanse as dunas de area que proveñen do golfo de Roses e foron fixadas a finais do século XIX polo enxeñeiro Primitiu Artigas. O arquipélago das Illas Medes constitúen a parte oriental do macizo.

Clima editar

O réxime climático caracterízase pola baixa pluviosidade estival e oscilacións anuais da temperatura pouco acusadas. O réxime de ventos é xeralmente de dirección norte/nordés (tramontana).

Vexetación editar

A súa vexetación é característica de bosque mediterráneo degradado con alta abundancia de piñeiro carrasco (Pinus halepensis) nas zonas baixas e matogueiras nas zonas altas. Aínda nas zonas de sombra pódense atopar algunhas poboacións de sobreiras (Quercus suber) e aciñeiras (Quercus ilex). Antigamente utilizouse o terreo para o cultivo da vide, pero foi abandonado probablemente pola praga da filoxera de finais do século XIX. Durante os últimos anos producíronse incendios forestais que empeoraron a situación.

Actualmente o macizo do Montgrí goza de protección especial como PEIN (Pla d'Espais Interés Natural).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar