Cala Montgó
A cala Montgó é unha enseada que se atopa no municipio de Torroella de Montgrí, na provincia de Xirona, aínda que está máis preto do núcleo de l'Escala.
Cala Montgó | |
---|---|
Coordenadas: 42°06′27″N 3°10′09″L / 42.107583, 3.169211 |
Características editar
Xeoloxicamente corresponde aos contrafortes máis setentrionais do macizo do Montgrí, sendo a cala máis accesible e grande das que se poden encontrar neste tramo forestal da Costa Brava. Orientada ao levante e polo norte culmínaa a punta Montgó (96 msnm), coroada por unha torre de vixía fortificada da idade moderna. Ao sur, pecha a cala a punta Milà a 1,1 km da praia.
A maior parte da costa está rodeada por escarpados acantilados calcáreos, a praia é de area fina. As augas son transparentes e tranquilas, xa que se encontran resgardadas dos temporais de tramontana, tan habituais no Empordà.
Accesos editar
Dende o paseo marítimo de L'Escala, pódese acceder a pé por un camiño de rolda. Tamén se pode acceder en coche, a un quilómetro do porto deportivo de L'Escala. Segundo se vai chegando pola estrada de acceso, encóntranse varios cámpings.
Por esta praia pasa o camiño de rolda, actualmente denominado GR 92, que percorre o litoral catalán dende Portbou, xunto á fronteira francesa, ata Ulldecona, no sur, pasando polo delta do Ebro.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cala Montgó |