Palafrugell
Coordenadas: 41°55′9″N 3°9′55″L / 41.91917, -3.16528
Palafrugell é un concello da provincia de Xirona, en Cataluña, pertencente á comarca do Baix Empordà. Está situado aos pés das Gavarres, na parte central e máis característica da Costa Brava.

Tiña en 2015 unha poboación de 22.733 habitantes, agrupados en varios núcleos de poboación: El Bruguerol, Calella de Palafrugell, Ermedàs, Llafranc, Llofriu, Palafrugell, Santa Margarida, Tamariu e la Vessana.
Ten algunhas calas moi representativas da Costa Brava e dispón dunha tradición gastronómica extensa e dunha riqueza cultural personificada no escritor Josep Pla.