Coordenadas: 41°55′59″N 03°07′59″L / 41.93306, -3.13306

Llofriu é unha localidade do concello de Palafrugell, na provincia de Xirona, Cataluña. Tiña en 2009 unha poboación de 298 habitantes.

Vista de Llofriu

Atópase na zona norte do concello, afastada da costa, xunto ao macizo das Gavarres. O centro da localidade é a igrexa de Sant Fruitós, xa mencionada en 1121. Ao seu redor construíronse as casas, formando un núcleo que data do século XVII. O trazado das rúas é de orixe medieval.

Nunha das masías de Llofriu viviu durante moitos anos o escritor Josep Pla, que ademais está enterrado no cemiterio da localidade.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.