Kaulak
Antonio Cánovas del Castillo y Vallejo, máis coñecido polo seudónimo Kâulak, nado en Madrid o 22 de decembro de 1862 e finado ibídem o 13 de setembro de 1933, foi un fotógrafo español.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Antonio Cánovas del Castillo y Vallejo ![]() 22 de decembro de 1862 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 13 de setembro de 1933 ![]() Madrid, España ![]() |
Lugar de sepultura | camposanto de San Isidro ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | fotógrafo , pintor , crítico de arte , político , avogado , escritor ![]() |
Empregador | Blanco y Negro La Ilustración Española y Americana Mundo Gráfico Nuevo Mundo ![]() |
Xénero artístico | Retrato fotográfico ![]() |
Pseudónimo literario | Kaulak Vascano Dalton Kaulak ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | Emilio Cánovas del Castillo ![]() |
Irmáns | Máximo Cánovas del Castillo e José Cánovas y Vallejo (en) ![]() ![]() |
Parentes | Antonio Cánovas del Castillo (tío) ![]() |
Premios | |
![]() |
Traxectoria
editarEra sobriño do Presidente do Goberno de España Antonio Cánovas del Castillo. En 1901, colaborou cos fotógrafos de orixe suíza, Oscar Hauser Muller e Adolfo Menet Kurstiner, que fundaran en Madrid unha empresa de artes gráficas, a casa Hauser y Menet, moi coñecida polas súas series de postais. Entre os 1904 e 1933 puxo en marcha o estudo Kâulak no número 4 da rúa Alcalá,[1] converténdose nun dos máis prestixiosos de Madrid. No seu estudo retratou a familia real, a aristocracia e a burguesía. Foi membro fundador da Sociedade Xeral de Fotógrafos de España e en 1918 cofundou a sociedade nacional de empresarios Unión Fotográfica. Ao final da súa vida lograra formar un grande arquivo fotográfico, constituído na actualidade por unhas 58 000 imaxes, entre negativos e positivos, que son propiedade do Estado e que se conservan na Biblioteca Nacional de España.
Notas
- ↑ Anteriormente foi o estudio do tamén fotógrafo Antonio Portela Paradela.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kaulak |
Bibliografía
editar- Sánchez Vigil, Juan Miguel (2016). Kaulak. Vida y obra del fotógrafo Antonio Cánovas del Castillo Vallejo (1862-1933) (tese de doutoramento). Cidade Real: Universidade de Castela-A Mancha.
- Sánchez Vigil, Juan Miguel (2018). «Kâulak y el retrato fotográfico. Visualidad y repentismo». Archivo Español de Arte 91 (363): 269-284. ISSN 1988-8511. doi 10.3989/aearte.2018.17.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- "Antonio Cánovas del Castillo, “Kaulak” [1862-1933"] Concello de Toledo (en castelán).