Antonio Portela Paradela

fotógrafo galego

Antonio Portela Paradela, nado na Coruña o 20 de outubro de 1865[1] e finado na mesma cidade o 30 de marzo de 1927,[2] foi un fotógrafo e debuxante galego.

Infotaula de personaAntonio Portela Paradela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1865 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de marzo de 1927 Editar o valor em Wikidata (61/62 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , debuxante Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAugusto Portela Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Foi fillo de Joaquín Portela Ramos e de Peregrina Paradela Mayo. Estudou na Escola provincial de Belas Artes da Coruña. Estivo desde 1889 vivindo no continente americano, na Habana, en México, en Montevideo e en Buenos Aires. Na Arxentina traballou para o estudio fotográfico de Alejandro Witcomb. Retornou en 1897 para instalarse en Madrid e máis adiante na Coruña e Betanzos.[3] Como fotógrafo foi adscrito ao movemento pictorialista.[4] Portela tamén cultivou a ilustración na prensa periódica, en xornais e revistas como ABC, Blanco y Negro, El Teatro ou Las Crónicas Gráficas. Tamén nas revistas taurinas Pan y Toros, Los Toros e Sol y Sombra. E mesmo en La Ilustración Española y Americana, Por Esos Mundos, Instantáneas e Nuevo Mundo.[5]

Fotografou a personaxes como Joaquín Vaamonde Cornide, Manuel María Puga Parga "Picadillo", Arturo Fernández Cersa ou Wenceslao Fernández Flórez, inda que o seu traballo máis coñecido é un retrato debuxado de Rosalía de Castro, baseado nunha fotografía de Luis Sellier, popularizado despois polo deseño do billete de 500 pesetas de 1979, de José María Cruz Novillo, baseado no debuxo de Portela.

Casou coa coruñesa Genoveva Valdomir Seoane e foi pai de seis fillos varóns, entre eles Augusto Portela Valdomir.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar