Abrir o menú principal

Lois Rodríguez

editor galego

Lois Rodríguez Martínez, nado en Ferrol o 26 de xuño[1] de 1959[2], é un deseñador gráfico, xornalista e editor galego, coñecido polo seu compromiso coa edición en lingua galega.

Lois Rodríguez
Nacemento26 de xuño de 1959
 Ferrol
NacionalidadeEspaña e Galicia
Ocupacióneditor, xornalista e deseñador gráfico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

En 1988 creouse AGA, unha empresa de deseño con sede en Ferrol[3] que creaba material de oficina en galego. Poucos anos despois mudou o nome a Item:)aga, que comezou a crear contidos propios en internet desde 1995 e dirixiría o propio Lois Rodríguez ata o ano 1996. Neste ano Rodríguez creou a empresa Vieiros S.L. para fundar e editar o primeiro portal galego en internet, Vieiros, que operou entre o 24 de febreiro de 1996 e o 24 de xullo de 2010, polo que Rodríguez abandonou Item:)aga para centrarse na edición de Vieiros. No ano 2000 o Banco Pastor chegou a un acordo con Vieiros para desenvolver contidos promocionais na páxina de internet, polo que en maio creou unha nova empresa chamada Acordar Comunicación en Internet S.L., con sede en Santiago de Compostela[4], na que se integraría Vieiros S.L. Este acordo impulsou a transformación de Vieiros nun diario electrónico en galego, chegando a contabilizar como diario de información ata vinte mil visitas diarias.

Ata 2003 a área informativa de Vieiros titulábase Galicia Hoxe. Neste ano o xornal compostelán O Correo Galego mudou a cabeceira precisamente a este nome, rexistrando o correspondente dominio en Internet. Deste xeito, Vieiros debeu abandonar esta outra denominación[5].

O financiamento de Vieiros procedía exclusivamente de publicidade e patrocinios[6]. Pechouse por problemas económicos[7], que Rodríguez denunciou como consecuencia dunhas irregularidades administrativas[8]. O propio Lois Rodríguez escribiu o artigo de peche do diario, titulado "Até sempre"[9].

Outro dos logros de Rodríguez foi a publicación na primavera de 1996, cando aínda estaba traballando en Item:)aga, de Mil primaveras para a lingua galega[10], que está considerado o primeiro libro electrónico en galego[11].

En febreiro de 2013 foi un dos cofundadores da Asociación de Medios en Galego[12]. Tamén e membro da Asociación Puntogal, de promoción do dominio en internet .gal, para a lingua galega e a súa cultura.

Obra escritaEditar

NotasEditar

  1. "Hoy cumplen años". El Correo Gallego (en castelán). 26-6-2015. 
  2. Domínguez, 2005, p. 1
  3. Domínguez, 2005, p. 3
  4. Santiago de Compostela Film Commission (ed.). Guía de la producción audiovisual (en castelán). Santiago. p. 223. 
  5. Domínguez, 2005, p. 4
  6. Quiñones, Aldegunde (1-12-2003). "Entrevista con Lois Rodríguez, editor de Vieiros". Vieiros. 
  7. "La web gallega «Vieiros» cierra por dificultades económicas tras 15 años en Internet". La Voz de Galicia (en castelán). 25-7-2010. 
  8. Burns, Walter (24-7-2010). "O editor culpa ao xerente do feche de Vieiros". Galicia Confidencial. 
  9. Rodríguez, Lois (24-7-2010). "Até sempre". Vieiros. 
  10. "Mil primaveras para a lingua galega". Vello Vieiros, de Item:)aga. 
  11. Bragado, Manuel (24-7-2010). "Vieiros, beizóns!". Brétemas (blog de Manuel Bragado). 
  12. "Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza do idioma". Praza.gal. 4-2-2013. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar