Manuel Becerra Armesto

político galego

Manuel Becerra Armesto, nado en Santiago de Compostela o 18 de setembro de 1843 e finado en Salcedo o 29 de decembro de 1912, foi un político galego.

Manuel Becerra Armesto
Nacemento18 de setembro de 1843
 Santiago de Compostela
Falecemento29 de decembro de 1912
 Salcedo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
FillosJulia Becerra Malvar e Josefina Becerra Malvar
IrmánsJosé Becerra Armesto e Joaquín Becerra Armesto
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Gonzalo Becerra Llamas e Carmen Armesto, irmán de Joaquín e José Becerra Armesto. Foi Cabaleiro da Orde de Santiago e alcalde de Pontevedra (1905-1909). Casou con Josefa Malvar de la Maza Quiroga, herdeira do Pazo da Carballeira de Gandarón. Foi pai de Josefina Becerra Malvar (quen casou con Eugenio Montero Villegas) e de Julia Becerra Malvar.


Predecesor:
Bernardo López Suárez
  
Alcalde de Pontevedra
 
1905 - 1909
Sucesor:
Javier Puig Llamas

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar