José Becerra Armesto

xornalista, escritor e político galego


José Becerra Armesto, nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1916, foi un xornalista, escritor e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Becerra Armesto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1916 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Gobernador civil da provincia de Ourense
Gobernador civil de Córdoba
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político, escritor, autor Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsManuel Becerra Armesto
Joaquín Becerra Armesto Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1510932 BUSC: becerra-armesto-jose-m-1916

Traxectoria

editar

Fillo de Gonzalo Becerra Llamas e Carmen Armesto, irmán de Manuel e Joaquín Becerra Armesto. Foi redactor en Madrid de La Nación (1864-1866) e La Prensa (1880). Trasladado a Pontevedra, colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Revista de Galicia e foi redactor de La Izquierda Dinástica (1893). En 1901 dirixiu La Discusión. Encadrado no Partido Liberal e seguidor de Montero Ríos, foi xefe da sección de Belas Artes do Ministerio de Fomento e gobernador civil de Ourense e Córdoba (1898). Publicou "El verano en Galicia", na Revista de España (1875); Una excursión a Extremadura (1879) e Las torres de Altamira. Leyenda compostelana, como folletín de El Correo Gallego, dende o 11 de abril de 1885.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar