Julia Becerra Malvar

nobre galega


Julia Becerra Malvar, nada en Salcedo (Pontevedra) o 9 de abril de 1892 e finada en Madrid o 27 de abril de 1974, foi unha nobre galega.

Modelo:BiografíaJulia Becerra Malvar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de abril de 1892 Editar o valor en Wikidata
Salcedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte27 de abril de 1974 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManuel Becerra Armesto Editar o valor en Wikidata
IrmánsJosefina Becerra Malvar Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Foi filla de Manuel Becerra Armesto, alcalde de Pontevedra e un dos nobres que agasallara a Afonso XIII de España a illa de Cortegada. Foi neta e sobriña de ministros da primeira e a segunda república española. Por parte materna foi filla de Josefa Malvar de la Maza Quiroga, enlazada co relixioso Sebastián Malvar Pinto e coa escritora Emilia Pardo Bazán. Tivo catro irmáns e irmás: Mercedes, Teresa, Josefina (casada con Eugenio Montero Villegas) e Joaquín.

Creceu no pazo da Carballeira de Gandarón e no pazo de Barrantes. Viviu en París entre os doce e os dezaoito anos, e alí estudou deseño de moda, piano e canto. En 1910 estaba previsto o seu debut no teatro della Scala de Milán, pero o seu pai fixo que regresase a Galicia porque non quería que fose cantante. En vinganza, ela casou co avogado valenciano Vicente Sagarriga Martínez de Pisón, catro anos maior ca ela, tres meses despois de coñecelo en Madrid.

O 9 de xuño de 1911 foi nai de Julia Sagarriga Becerra, e o 6 de setembro de 1920 naceu a súa filla Cristina. Logo de que nacese a súa primeira filla foron vivir a Santiago de Compostela porque Julia Becerra quería que esta fose galega. Julia Becerra foi defensora da lingua e a cultura galegas. Adoitaban vivir en Madrid e pasar os veráns en Barrantes, e en 1930 acolleu no seu pazo o pacto de Barrantes. A parella estableceuse alí en 1933 logo de que o seu marido enfermase de tuberculose. Enviuvou o 11 de maio de 1935.

Casou de novo con Frank Eric Arbenz, un home suízo delegado da Cruz Vermella en España. Durante a segunda guerra mundial foi enfermeira en hospitais e campos de refuxiados, e cantou para recadar fondos para caridade. En 1965 enviuvou de novo. En 1967 as súas dúas fillas e dous dos seus netos morreron nun accidente de tráfico. Por entón a súa neta Cristina Cebrián Sagarriga (filla de Jaime Cebrián, finado en 1962) estaba embarazada. Doou os terreos onde se construíu unha escola, o actual CPI Julia Becerra Malvar. En maio de 2009 as súas cinzas foron trasladadas ao cemiterio de Barrantes.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar