Fernando Salgado Varela

xornalista e escritor galego

Fernando Salgado Varela, nado en Cerdedo-Cotobade o 7 de setembro de 1959, é un xornalista e escritor galego.

Infotaula de personaFernando Salgado Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de setembro de 1959 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Cerdedo-Cotobade, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webfernandosalgado.com Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 2117637

Traxectoria editar

Neto de Francisco Varela Garrido. Traballou en Diario de Galicia, Atlántico Diario e La Voz de Galicia. É delegado de Diario de Pontevedra na comarca do Salnés. Colaborou en Tempos Novos, A Trabe de Ouro, Ardentía e Sustansia. Tamén colabora con Radio Arosa.

Obras editar

  • Elefantes y Hormigas (2013). Recrea a traxectoria de Stergios Patakioutas Skrimbas (Macedonia-Grecia) ao que obrigaron a subir a un camión en Salónica cando tiña trece anos para rematar nun campo de concentración nazi na Alemaña.[1]
  • El humo del diablo (2015). O mundo da cocaína e o bazuko, protagonizada por José Antonio Iglesias Prieto, enxeñeiro nado en Portonovo, que acabou acabou vivindo en Colombia vendendo lixo.[2]
  • El fútbol en Galicia (2016). Deputación de Pontevedra. 293 páxs. ISBN 978-84-8457-445-3.
  • 1306/36 (2018). Biografía de Pancho Varela (Francisco Eloy Agapito Constantino Varela Garrido), fillo do alcalde de Cerdedo (Pontevedra), xornalista e activista social de esquerdas que foi fusilado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937.[3]
  • Papel de estraza (2022). Con Juan Otero (Genito). Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-510-8. Sobre o goberno independente e utópico para A Illa de Arousa, declarado ao fío da revolución de outubro de 1934.[4]
  • ¿Qué miras? (2023). Ed. Carlos Crespo Gómez. 164 páxs. ISBN 978-84-09-55033-3. Narra a vida de Susi Maquieira Velay, unha muller con acondroplasia nacida en Cuntis e de 52 anos, á que os seus 110 centímetros non lle supuxeron un freo.[5]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar

  1. "A historia de Europa narrada dende Vilagarcía: 'Elefantes y hormigas'". Pontevedra Viva. 2013-12-18. Consultado o 2024-04-05. 
  2. Lecturafilia (2016-04-12). "El humo del diablo". Lecturafilia (en castelán). Consultado o 2024-04-05. 
  3. "Fernando Salgado presenta en Pontevedra a súa terceira novela '1306/36', na que rescata a historia de Pancho Varela". Pontevedra Viva. 2019-01-23. Consultado o 2024-04-05. 
  4. "«Papel de estraza», a memoria do goberno revolucionario da Illa e da súa feroz represión". La Voz de Galicia. 2021-06-18. Consultado o 2024-04-05. 
  5. Pontevedra, Diario de (2024-02-22). "Fernando Salgado presenta o seu libro '¿Que miras?' este venres na Sala Nauta". Diario de Pontevedra. Consultado o 2024-04-05.