Francisco Sánchez García

xornalista e escritor galego

Francisco Antonio Sánchez García, coñecido como Antón de Pepiño, nado en Modillós (Curtis) o 18 de xaneiro de 1874 e finado en Santiago de Compostela o 1 de xaneiro de 1939,[1] foi un xornalista e escritor galego.

Francisco Sánchez García
Antón de Pepiño.jpg
AlcumeAntón de Pepiño
Nacemento18 de xaneiro de 1874
Lugar de nacementoCurtis
Falecemento1 de xaneiro de 1939
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Primeiro dos sete fillos de Antonio Sánchez Gómez e Antonia García Murujosa. Emigrou a Arxentina onde fixo fortuna e adquiriu formación. En Buenos Aires relacionouse cos intelectuais dos centros galegos, foi un dos fundadores de Caras y Caretas e colaborou en La Nación, La Prensa e Nova Galicia. O 11 de novembro de 1905 foi nomeado académico correspondente da Real Academia Galega. Regresou a Galicia e mercou as terras que estaban á venda en Teixeiro. Casou con Enriqueta García e instaláronse en Teixeiro. Foi correspondente de El Eco de Galicia, colaborou en El Ideal Gallego e na prensa española: El Debate, La Nación e ABC. Cando medraron as fillas trasladáronse a vivir a Santiago de Compostela para que puideran estudar carreiras universitarias. En Compostela relacionouse con Otero Pedrayo, Vicente Risco, Filgueira Valverde e Álvaro Cunqueiro. Colaborou en El Compostelano e en 1925 foi nomeado director de Diario de Galicia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 afiliouse a Falange Española Tradicionalista y de las JONS e continuou coas súas colaboracións en El Compostelano agora centradas na promoción da Falange.

ObrasEditar

  • Obra escollida, 2005, Fundación Horrêum Fundazioa.
  • Obra escogida, 2007, Fundación Horrêum Fundazioa.

RecoñecementosEditar

Letreiros das dúas rúas de Antón de Pepiño en Teixeiro.
 
Casa de Antón de Pepiño en Teixeiro.

O 11 de novembro de 2005 foi nomeado fillo predilecto do concello de Curtis.[2] Recibe o seu nome, en Teixeiro, a biblioteca pública municipal[3] e dúas rúas onde estaba a súa casa.

Vida persoalEditar

Casou con Enriqueta García Rego o 24 de novembro de 1910, e tivo seis fillas e un fillo.

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar