Nova Galicia (Buenos Aires)

semanario galego editado en Bos Aires

Nova Galicia foi un semanario galego editado en Buenos Aires entre 1901 e 1951.

Nova Galicia

Editar o valor em Wikidata
LocalidadeBuenos Aires
Na rede
Galiciana: 577351
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Apareceu o 6 de outubro de 1901 co título Nueva Galicia, publicándose con este título polo menos oito números. Despois cambiou o título por Nova Galicia co subtítulo Revista semanal para los gallegos en América que logo cambiou por Periódico independiente. Órgano de los gallegos en la América del Sur, Periódico semanal de los gallegos e Decano de la prensa gallega y el más popular de América. Fundado e dirixido por Fortunato Cruces, Xan da Cañiza (Fortunato Cruces) aparecía como secretario da publicación.

Entre os redactores figuraron Benigno Teijeiro Martínez, Manuel Nóvoa Costoya, Alejandro Fernández e Arturo Angueira Lapido; Jesús Couto Fernández aparecía como correspondente en Galicia. Entre os seus colaboradores figurou Constantino Horta. Ocupouse da cultura galega a través de artigos sobre lingua, literatura, costumes, historia e música galegas e tratou novas da actualidade de Galicia. Cando apareceu Solidaridad Gallega en 1907, prestouse a coordinar os apoios dende Buenos Aires.[1]

Entre os números 480 e 487 apareceu co título Nueva Galicia. Cesou a súa publicación en 1940, pero volveu aparecer efemeramente co número 1.826 en xaneiro de 1951[2] na cuarta época da publicación[3].

Notas editar

  1. Núñez Seixas, Xosé M. (2010). "Liderazgo, patriotismo "regional" y estrategias de liderazgo: Fortunato Cruces, José R. Lence y los gallegos de Buenos Aires (1900-1936)". En García Sebastiani, Marcela. Patriotas entre naciones: Elites emigrantes españolas en Argentina. Patriotas entre naciones: Elites emigrantes españolas en Argentina (Madrid: Editorial Complutense). p. 286. ISBN 978-84-9938-043-8. 
  2. Las Riberas del Eo, 3-2-1951, p. 2.
  3. "Anacos" La Noche, 6-2-1951, p.6.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar