Jesús Couto Fernández
tipógrafo e xornalista galego
Jesús Couto Fernández, nado en 1864 e finado en Santiago de Compostela o 2 de maio de 1942[1], foi un tipógrafo e xornalista galego.
Jesús Couto Fernández | |
---|---|
Nacemento | 1864 |
Falecemento | 2 de maio de 1942 |
Santiago de Compostela | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista |
Irmáns | Ramón Couto Fernández |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Irmán de Ramón Couto Fernández. Emigrou a Arxentina e colaborou na prensa galega da capital bonaerense. Regresou a Galicia e foi administrador da Revista de Ciencias Pedagógicas, correspondente de Nova Galicia e outros periódicos da emigración galega. Volveu a Bos Aires e colaborou en El Eco de Galicia (entre 1893 e 1901) con retratos e biografías de persoeiros galegos, e Almanaque Gallego. Retornado de novo a Compostela en 1903, relacionouse con círculos católicos e colaborou en Gaceta de Galicia e El Correo de Galicia. Asinaba ás veces co pseudónimo Jecoufer.
Vida persoalEditar
Casou con Rosalía Couto Devesa en 1924.
NotasEditar
- ↑ Noticia en El Compostelano, 2-5-1942, p. 2.