Almanaque Gallego

Este artigo é do "Almanaque Gallego" editado na Arxentina, 29 volumes de 1898 a 1927. Para o homónimo editado en 1909, un só número, véxase: Almanaque Gallego (A Habana).

O Almanaque Gallego foi unha publicación anual que se editou en Buenos Aires entre 1898 e 1927, editada por Manuel Castro López. Aínda que predominan os textos en castelán, o galego está ben representado no almanaque.

Almanaque Gallego
Título orixinalAlmanaque Gallego
Autor/aManuel Castro López et alii.
Ilustrador/aMúltiples.
CubertaVarios.
OrixeArxentina.
LinguaCastelán e galego.
Data de pub.1898 - 1927.
FormatoAlmanaque.
editar datos en Wikidata ]

Descrición

editar

Entre os colaboradores estaban Cayetano Aldrey Salvado, Manuel Bares Giráldez, Alfredo Brañas, Xosé María Cao Luaces, Eugenio Carré Aldao, Fortunato Cruces, Julio Dávila, Manuel Pérez Pérez (Numael Ezper), Alfredo Fernández, Manuel López Lorenzo, Andrés Martínez Salazar, Eduardo Pondal, José Rodríguez Carracido, Bernardo Rodríguez Ribeira, José Salgado Rodríguez, Galo Salinas, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Avelina Valladares, Marcial Valladares, Indalecio Varela Lenzano ou Adolfo Vázquez Gómez.

No Almanaque Gallego para 1923 publicouse por primeira vez o Conto gallego de Rosalía de Castro. Noutros volumes reproducíronse cadros de Ovidio Murguía e ilustracións de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Consérvanse algúns exemplares do Almanaque Galego nas bibliotecas das seguintes institución:

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar