Manuel Pérez Pérez

xornalista e escritor galego

Manuel Pérez Pérez, nado en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) o 10 de xuño de 1862, foi un xornalista e escritor galego.

Modelo:BiografíaManuel Pérez Pérez
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1862 Editar o valor en Wikidata
Santo Estevo de Budiño, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, escritor Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Estudou en Tui e aos dez anos emigrou a Porto. Dous anos despois embarcou con destino ao Brasil, onde foi capitán dun barco que realizaba travesías polos ríos do Mato Groso. Viviu unha tempada en Paraguai, e despois asentouse en Buenos Aires en 1893. Traballou no Banco Gallego do que foi contador dende a súa fundación. Publicou o seu primeiro traballo literario nun xornal do Río de Xaneiro, e despois colaborou con artigos, contos, poesías e crónicas en O Iniciador de Corumbá, La Democracia de Asunción, El Eco de la Pátria, La Infancia e El Pueblo de Goya, La Bandera Nacional de Curuzú Cuatiá, La Acacia, La Aurora, El Cascabel, La Prensa e a revista Caras y Caretas, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Empregou en moitos dos seus traballos o pseudónimo de Numael Ezper.

  • A la vejez, viruelas, 1890.
  • El gobierno Rodriguista, 1905.
  • La Revolución Malezalera, 1909.
  • Sonetos, 1916.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar