José Salgado Rodríguez
José Salgado Rodríguez, nado en Santo André de Cesar (Caldas de Reis) en 1852 e finado na vila de Caldas de Reis o 20 de maio de 1916, foi un avogado, empresario e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1845 ![]() Santo André de Cesar, España ![]() |
Morte | 20 de maio de 1916 ![]() Caldas de Reis, España ![]() |
![]() | |
1901 – 1903 | |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor ![]() |
Membro de | |
Familia | |
Fillos | Laureano Salgado de la Riva, Jesús Salgado de la Riva ![]() |
Irmáns | Laureano Salgado Rodríguez ![]() |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarEstudou a carreira eclesiástica e sen rematala, pasou a estudar Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Membro do Partido Liberal, foi deputado provincial, gobernador civil de Lugo (1897) e alcalde de Caldas de Reis (1901-1903). Foi un dos académicos fundadores da Real Academia Galega[1] e membro da Sociedad de Arqueoloxía de Pontevedra. Dirixiu El Correo de Galicia e La Estrella Compostelana e colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Almanaque Gallego e Revista Gallega. Publicou Paliques (1901) co pseudónimo Fray Prudencio, que recolle os seus artigos sobre temas de actualidade local.
Predecesor: ' |
Alcalde de Caldas de Reis 1901 - 1903 |
Sucesor: ' |
Vida persoal
editarCasou con Carmen de la Riva Carreiro, e foi pai de Jesús e Laureano Salgado de la Riva.
Notas
editar- ↑ "José Salgado Rodríguez". Real Academia Galega.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo: Galaxia. p. 464. ISBN 84-7154-390-7.