Abrir o menú principal

Manuel Pérez Pérez

xornalista e escritor galego
(Redirixido desde "Numael Ezper")

Manuel Pérez Pérez, nado en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas) o 10 de xuño de 1862, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Pérez Pérez
Nacemento1862
 Santo Estevo de Budiño, Salceda de Caselas
Falecementovalor descoñecido
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou en Tui e aos dez anos emigrou a Porto. Dous anos despois embarcou con destino a Brasil, onde foi capitán dun barco que realizaba travesías polos ríos do Mato Groso. Viviu unha tempada en Paraguai, e despois asentouse en Buenos Aires en 1893. Traballou no Banco Gallego do que foi contador dende a súa fundación. Publicou o seu primeiro traballo literario nun xornal do Río de Xaneiro, e despois colaborou con artigos, contos, poesías e crónicas en O Iniciador de Corumbá, La Democracia de Asunción, El Eco de la Pátria, La Infancia e El Pueblo de Goya, La Bandera Nacional de Curuzú Cuatiá, La Acacia, La Aurora, El Cascabel, La Prensa e a revista Caras y Caretas, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego. Empregou en moitos dos seus traballos o pseudónimo de Numael Ezper.

ObrasEditar

  • A la vejez, viruelas, 1890.
  • El gobierno Rodriguista, 1905.
  • La Revolución Malezalera, 1909.
  • Sonetos, 1921.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar