Bernardo Rodríguez Ribeira
escritor e xornalista galego
Bernardo Rodríguez Ribeira, nado en San Xiao de Vea (A Estrada) o 8 de xaneiro de 1853 e finado en Buenos Aires o 26 de maio de 1924, foi un escritor e xornalista galego.
Bernardo Rodríguez Ribeira | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 8 de xaneiro de 1853 |
Lugar de nacemento | San Xiao de Vea |
Falecemento | 26 de maio de 1924 |
Lugar de falecemento | Buenos Aires |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudou no seminario de Santiago de Compostela, emigrou a Buenos Aires en 1874. Traballou de escribente nun almacén de coloniais de importación e foi tesoureiro-contador da Universidade Nacional de Buenos Aires. Foi presidente da Asociación protectora da Real Academia Galega en Buenos Aires. Colaborou en El Libredón, La Unión Gallega, El Gallego, El Eco de Galicia e Almanaque Gallego.
Obras editar
- La Penitencia.
- "Ir por lan..." (1904), publicado en Almanaque Gallego en 1905.[1]
Notas editar
- ↑ Almanaque Gallego para 1905 pp. 96-98.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernardo Rodríguez Ribeira |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Bernardo Rodríguez Ribeira |
Bibliografía editar
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Arca, Olimpio (2002). Bernardo Rodríguez Ribeira. Emigrante sobranceiro. A Estrada: Fundación Cultural da Estrada. ISBN 84-607-6044-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 230.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 711. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da literatura galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 531. ISBN 84-8288-019-5.