Galicia Nueva (Vilagarcía de Arousa)

Galicia Nueva foi un periódico editado en Vilagarcía de Arousa entre 1907 e 1938.

Historia e características editar

Subtitulado Periódico regional. Primer diario de Villagarcía, apareceu o 15 de marzo de 1907. Dirixírono sucesivamente Francisco Cano e Juan Gándara Rivas. A partir de 1918 pasou a ser propiedade de José Benito Fernández Peón, quen tamén exerceu como director. No período 1923-1929 foi dirixido por Delfín Mein Estévez. En febreiro de 1929 pasou a dirixilo Manuel del Río Candamo[1] que se mantivo no posto até xullo dese ano cando renunciou e foi substituído polo propietario José Benito Fernández.[2] Tamén exerceu un tempo como director Modesto Bará Álvarez. Foi unha publicación liberal que actuou como portavoz de Acción Gallega, con crónicas de Basilio Álvarez. Ademais da información xeral, incluíu artigos históricos, textos literarios e poemas. Malia que as súas vendas descenderon dende 1918, coa chegada da Segunda República colleu certo pulo apoiando o proxecto do Estatuto de autonomía. Coa Guerra Civil converteuse en voceiro franquista. Cesou a súa publicación en 1938.

No seu prelo imprimiuse o xornal Roteiro, de Vilagarcía de Arousa.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 12-2-1929, p. 13.
  2. El Progreso, 1-8-1929, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. p. 414. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externas editar