Xosé Filgueira Valverde

polígrafo galego
(Redirección desde «Filgueira Valverde»)

Xosé Fernando Filgueira Valverde, nado en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e finado na mesma vila o 13 de setembro de 1996,[2] foi un historiador, arqueólogo, antropólogo e escritor polígrafo galego, de abundante produción literaria e humanística.

Modelo:BiografíaXosé Filgueira Valverde

(1931) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalXosé Fernando Filgueira Valverde
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1906 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de setembro de 1996 Editar o valor en Wikidata (89 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 15 de novembro de 1967
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
26 de novembro de 1959 – 18 de abril de 1961
← Prudencio Landín Carrasco
Alcalde de Pontevedra
10 de novembro de 1959 – 1968
← Prudencio Landín CarrascoRicardo García Borregón → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoLingua castelá, lingua galega e Literatura medieval Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
OcupaciónIntelectual, xurista, historiador da literatura, arqueólogo, escritor, político, historiador Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Galeguista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoHistoria, arqueoloxía e antropoloxía.
AlumnosXosé Carlos Valle Pérez Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeM.ª Teresa Iglesias de Oscáriz.[1] Editar o valor en Wikidata
FillosAraceli (1939), José Fernando (1940), María Teresa (1942), Pilar (1944) e Ángeles (1947). Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 27986 BNE: XX869470 Bitraga: 3213 BUSC: filgueira-valverde-xose-1906-1996 Dialnet: 20773 WikiTree: Filgueira-30

Cofundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra. Presidiu o Consello da Cultura Galega e foi membro da Real Academia Galega. Persoa de fonda cultura humanista e de obra extensa e divulgativa nunha época na que as institucións que hoxe cumpren esa función non a cumprían ou non existían.

Adicóuselle o Día das Letras Galegas de 2015 polo seu traballo divulgativo a prol da lingua e da cultura galega.[3] Trátase dunha figura que suscita controversia[4][5][6] e ao mesmo tempo resulta un persoeiro fundamental no decorrer da cultura e literatura galegas ao longo do século XX.

Traxectoria

editar
 
Xosé Fernando fotografado, aínda de bebé, no colo da nai.

Naceu na praza do Peirao de Pontevedra. Foi fillo de José María Filgueira Martínez (Mourente, 1871-1938), médico en Pontevedra, e Araceli Valverde Yaquero (Ugíjar, Granada, 1870-1946).

Estudou o bacharelato de man de Antón Losada Diéguez. No outono de 1922 comezou os estudos de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela.[7] Desde moi novo estivo involucrado en toda sorte de proxectos culturais. Con 17 anos de idade, o 12 de outubro de 1923, na casa da infancia de Rosalía de Castro en Ortoño, xunto con Fermín Bouza Brey, Wenceslao Requejo Buet, Xosé Pena e Pena, Lois Tobío Fernández, Ramón Martínez López, Manoel Magariños Negreira, Francisco Romero de Lema e Alberte Vidán Freiría, fundou a terceira grande institución da época de preguerra (tras as Irmandades da Fala, 1916, e o Grupo Nós, 1920), o Seminario de Estudos Galegos,[8] onde dirixiría a sección de Historia da Literatura ata o seu desmantelamento, en 1936.[9] Colaborou en A Nosa Terra e en El Pueblo Gallego. En 1935 comezou a organizar unha escolma da poesía galega de todos os tempos para conmemorar o centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Proxéctanse en total nove volumes, e comeza con dous volumes adicados aos autores vivos, desde Noriega Varela e Cabanillas, até os máis novos como Celso Emilio ou Carvalho Calero. Reparte unha enquisa ás persoas que quere incluír na escolma, preguntando polos datos do autor, a súa formación, obra, poética, linguaxe, bibliografía e unhas preguntas xerais sobre a propia escolma.

 
X.F. Filgueira aos 17 anos.

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1927 e doutorouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de Madrid, coa tese "La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval" dirixida por Armando Cotarelo Valledor, defendida o 15 de novembro de 1935 ante un tribunal constituído polo propio Cotarelo, Juan Hurtado y Jiménez de la Serna, Américo Castro Quesada e Ángel González Palencia.[10] En 1959 diplomouse en Psicoloxía, tamén na USC.

Comezou a súa traxectoria pública en 1928, como secretario da Xunta Provincial de Pontevedra do Padroado Nacional de Turismo, que presidía Daniel de la Sota.[11]

Foi profesor axudante de literatura no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra en 1928, conseguindo a cátedra en 1933. Dous anos máis tarde gaña por oposición a cátedra da mesma especialidade do Instituto Jaime Balmes de Barcelona, para pasar ao de Melilla e, o mesmo ano, ó de Lugo, onde toma posesión da praza o 8 de novembro, vila na que coñeceu a María Teresa Iglesias de Oscáriz (1908-1995), filla dun médico, coma el, coa que casou o 15 de agosto de 1938 e con quen tería cinco fillos: Araceli, José Fernando, María Teresa, Pilar e Ángeles.

 
Manuel Lesteiro, Claudio Losada, Álvaro das Casas e Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia, retrato en Vida Gallega, 1932.
 
O profesor Filgueira foi o grande impulsor do Museo de Pontevedra.[12]

En 1940 volveu a Pontevedra, ó instituto, que logo se chamaría Instituto Sánchez Cantón, do que sería director desde 1946 até a xubilación, en 1976. Desde ese 1940 tamén foi cronista oficial da provincia de Pontevedra.[13]

Participou na creación do Museo Provincial de Pontevedra en 1927, do que foi secretario ata 1942, ano no que se converteu no director,[14] mantendo a colaboración ata a fin dos seus días.

Foi proclamado correspondente da Real Academia Galega en 1925 e recibido como académico de número o 27 de xullo de 1941[15] en sesión extraordinaria celebrada na Universidade de Santiago, sucedendo na cadeira a Casto Sampedro y Folgar.[16] O seu discurso de ingreso foi Da épica na Galicia medieval, respondido por Ramón Otero Pedrayo.

Participou sempre do galeguismo, sendo membro desde os comezos do Partido Galeguista. En maio de 1935 encabezou un grupo de militantes deste partido en Pontevedra que abandonan o partido como protesta pola política de pactos coa esquerda, organizando a Dereita Galeguista.

Ocupou cargos públicos no franquismo, como director do Instituto de Lugo[17] ou presidente do Tribunal Tutelar de Menores de Pontevedra ata 1967.

Alcaldía (1959-1968)

editar

O 24 de maio de 1959 finou Luis Suárez-Llanos Menacho, presidente da Deputación de Pontevedra. O alcalde de Pontevedra, Prudencio Landín Carrasco, pasou a ocupar ese cargo, deixando baleira a cadeira no concello, que ocupou, en funcións, José Luis Peláez Casalderrey. O nomeamento de Filgueira como novo alcalde asinouse o 27 de outubro de 1959 polo Ministro da Gobernación Camilo Alonso Vega, a proposta do gobernador civil Rafael Fernández Martínez. Filgueira pronunciou o discurso de toma de posesión o 10 de novembro de 1959[11]. No cargo, estimulou a acción cultural e promoveu numerosas medidas dirixidas á conservación do conxunto histórico e monumental da vila.

 
Nomeamento como Presidente do CCG.

Durante o seu mandato anexionouse Ponte Sampaio ao concello en abril de 1960; instalouse a papeleira de Ence en Lourizán, cuxa instalación se decidira entre finais de 1955 e comezos de 1956; co gallo do ascenso do Pontevedra Club de Fútbol a Segunda División na tempada 1959-60, mercáronse á familia de Valentín Paz-Andrade os terreos do Estadio de Pasarón; inaugurouse a nova estación de ferrocarril (o 8 de agosto de 1966); urbanizouse o polígono de Campolongo; construíuse o Pavillón Municipal dos Deportes e asentouse o Centro de Instrución de Recrutas n.º 13 (posteriormente BRILAT) en terreos de Figueirido e Salcedo.[18]

Despois de 1968

editar
 
Casa natal de Filgueira Valverde.

Foi procurador en Cortes ata 1971[19] e Conselleiro provincial de Belas Artes en 1969.[20] De 1971 a 1981 dirixiu o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos[21]. Formou parte do primeiro padroado do Instituto da Lingua Galega.[22] Tamén chegou a dirixir a Casa Museo Rosalía de Castro.[23]

No eido académico foi, amais, membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, nomeado o 28 de xuño de 1971,[24] membro numerario da Real Academia da Historia desde 1980[25] (co discurso "Ideas y sistema de la historia de Fray Martín Sarmiento" contestado por Antonio Blanco Freijeiro)[26] e membro honorario da Real Academia Galega de Belas Artes desde 1990.[27]

Xa na democracia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor, en xaneiro de 1982, foi nomeado Conselleiro Adxunto ó Presidente para a Cultura[28] e, en decembro do mesmo ano, Conselleiro de Cultura,[29] ata 1983.[30] Dende 1990, e por dous mandatos, foi Presidente do Consello da Cultura Galega[31] e en 1995 foi nomeado xuíz protector da Fundación Manuel Ventura Figueroa.[32]

Xosé Filgueira Valverde faleceu na casa familiar da rúa Arcebispo Malvar de Pontevedra o 13 de setembro de 1996, a piques de cumprir os 90 anos de idade.[33]

Ten unha obra moi extensa, tanto científica coma literaria, fundamentalmente divulgativa, que supera os trescentos títulos entre libros e folletos,[34] máis de mil artigos en xornais e revistas e máis de 1.600 conferencias,[35] en galego e en castelán.[36]

Obra en galego

editar

A primeira obra narrativa foi a recolleita de narracións breves: Os nenos, en 1925, recollida despois en Quintana Viva (Galaxia, 1971).[37] Como articulista publicou numerosas colaboracións en diferentes medios, quedando recollidos 616 artigos na serie Adral, de nove volumes, editada entre 1979 e 1996.[38]

Ensaio

editar
 
Conferencia do cabodano de Paz-Andrade.
  • A eirexa pre-románica de Francelos (1929), Publicacións do Seminario de Estudos Galegos. Revista Nós, n.º 62, 15 de febreiro de 1929.[39]
  • O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, con Xosé Ramón Fernández-Oxea, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, T. V, 1930.[40]
  • Lago González. Arcebispo galego (1934), 40 p, Pontevedra.
  • Da épica na Galicia medieval, discurso de ingreso na RAG en 1941.[41]
Ningunha lírica do medievo románico mellora o número das nosas cancións; poucas poiden ter comparanza con ela na fondura do sentimento e na gama dos seus xeitos Expresivos.

— XFV, Da épica na Galicia medieval, 1934.

  • Con Rosalía de Castro no seu fogar / Con Rosalía de Castro en su hogar (1974). Patronato. Ed. bilingüe.
  • Adral (1979), Sada, Ediciós do Castro, 410 pp.[42]
  • A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980).
  • Segundo Adral (1981), Sada, Ediciós do Castro, 458 pp.[42]
  • Terceiro Adral (1984), Sada, Ediciós do Castro, 405 pp.
  • Cuarto Adral (1987), Sada, Ediciós do Castro, 204 pp.
  • O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta (1988), ISSN 0210-7791.
  • Quinto Adral (1989), Sada, Ediciós do Castro, 393 pp.
  • Santiago de Compostela, con fotos de Manuel G. Vicente, ed. trilingüe (1989), Ir Indo, ISBN 84-7680-025-8.
  • Sexto Adral (1990), Sada, Ediciós do Castro, 315 pp.
  • O Himno Galego. Da "Marcha do Reino de Galicia" a "Os Pinos" (1991), 41 pp., Caixa de Pontevedra.[43]
  • Sétimo Adral (1992), Sada, Ediciós do Castro, 346 pp.
  • Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992, Galaxia, ISBN 84-7154-789-9.[44]
  • Octavo Adral (1994), Sada, Ediciós do Castro, 254 pp.
  • Noveno Adral (1996), Sada, Ediciós do Castro, 249 pp.
  • Arredor do libro: artigos de bibliografía (1996), Santiago, Xunta, ISBN 84-453-1847-0.

Dicionarios

editar
 
Cuberta de O vigairo, deseño de Camilo Díaz

Narrativa

editar

Teatro

editar
  • Agromar. Farsa pra rapaces (1936), asinado baixo o pseudónimo J. Acuña.[48][51]
  • Aucto de Santa María [Aucto de como Santa María foi levada aos ceos pra a festa da nosa señora en agosto (refeito con testos dos séculos XIII e XIV)], Grial, n.º 25 (1969).[48]

Poesía

editar
Porque non seca a morte a fonte das cantigas
eu vos chamo, segreles, que veñades cantar
onde os verdes loureiros gardan vellas ermidas,
cabo das sabias ondas sulcadas do luar,
das insuas da ribeira nun antigo lugar,
¡San Cremenço do mar!

—XFV, 6 canciones de mar "in modo antico", 1941.[52][53]

Algunhas das obras poéticas da Filgueira Valverde foron musicalizadas. O compositor ponteareán Rogelio Groba, realizou tres cantatas sobre textos seus: Cantigas de mar (1981-1982),[56] Anxos de Compostela (1989 e outra versión en 2004)[57][58] e Cantata de Maio (1989).[59]

Edicións

editar
  • Cancioneiriño de Compostela (1932), antoloxía poética, Nós, n.os: 103 e 104.[60]
  • Martín Sarmiento (1695-1772): Epistolario do P. Sarmiento (1945), con M.ª Xesús Fortes Alén, CCG.
  • Cancioneiriño novo de Compostela (1969), Pombal, Edicións Castelos, Vigo.
  • Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas (1980), Real Academia Galega.[61]
  • Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), 1984, Real Academia Galega.
  • Antón Losada Diéguez. Escolma. Publicacións da Real Academia Galega. 1985.[62]
  • Enrique Campo (1989), Deputación de Pontevedra.
  • Álvaro Cunqueiro (1991), Publicacións da Real Academia Galega, A Coruña, 71 p.[63]
  • Antoloxía do conto galego de medo (1996), Galaxia, ISBN 84-8288-035-7.
  • Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada (2008), Deputación de Pontevedra, ISBN 978-84-95632-36-4.
 
Páxina de miniaturas que ilustra a Cantiga 103 (códice escurialense). Filgueira Valverde analizouna polo miúdo na súa tese de doutoramento.

Obra en castelán

editar

Ensaio

editar
  • Guía de Pontevedra (1931), edición de Xerardo Álvarez Gallego.
  • La Cantiga CIII: noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval (1936), Instituto de Estudios Regionales, USC. Tese de doutoramento defendida en Madrid o 15 de novembro de 1935.
  • Formas paródicas en la lírica medieval gallega (1947), AAEPC, Madrid.
  • "La lírica medieval gallega y portuguesa" no vol. I de Historia General de las Literaturas Hispánicas de Díaz-Plaja (1949). Ed. Barna, Barcelona.[64]
  • El libro de Santiago, con debuxos de J. Sesto (1948), Editorial Nacional.
  • Cervantes en nuestro camino (1949), Revista de la Obra de Protección de Menores, 29 p.
  • Santiago de Compostela. Guía de sus monumentos e itinerarios (1950), Porto y Cía. Editores.
  • La artesanía en Galicia (1953), Ediciones Galicia, Centro Gallego de Buenos Aires.[65]
  • Tierras Hispánicas. Compostela, la ciudad del Apostol (1954).
   
Frei Martín Sarmiento e Luís de Camões. Filgueira foi un especialista nas súas obras.[66][67]

Edicións

editar

Recoñecementos

editar
 
Rúa Filgueira Valverde, na Eiriña, Pontevedra.
 
Tumba de Filgueira Valverde en Mourente.

Foi amplamente recoñecido con premios, como a Cruz de Honra de San Raimundo de Pañafort (1961),[70] a Gran Cruz da Orde do Mérito Civil (1964),[71] a Medalla de Ouro da Cidade de Pontevedra (1969), o Premio da Deputación da Coruña (1973)[72], a Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra (1977), a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (1980),[73] a Medalla Castelao (1984), o Premio Otero Pedrayo (1986),[74] o Premio Fernández-Latorre (1989),[75] o Premio Trasalba (1990) da Fundación Otero Pedrayo. Foi nomeado Galego Egrexio pola Fundación Premios da Crítica (1995),[76] doutor honoris causa polas universidades de Santiago de Compostela e Vigo (ámbalas dúas en 1996).[77][78] Déronlle o Premio das Artes e das Letras de Galicia (1996). Foille outorgado o Premio Nacional de Historia de España, de xeito colectivo, por España: Reflexiones sobre el ser de España (1998).[79] Días despois do seu pasamento o Centro Superior Bibliográfico de Galicia pasou a denominarse Centro Superior Bibliográfico de Galicia Xosé Fernando Filgueira Valverde,[80] e en 2007 foi nomeado Fillo Predilecto da Provincia de Pontevedra.[81]

Levan o seu nome rúas en Pontevedra,[82] Santiago de Compostela, Monforte de Lemos e Pastoriza (Arteixo)[83] e a Fundación Filgueira Valverde foi clasificada, en 1984, como de interese galego.[84]

Día das Letras Galegas 2015 e controversia

editar

O 5 de xullo de 2014 foi escollido pola Real Academia Galega como autor a homenaxear no Día das Letras Galegas do ano 2015,[85][86] cos avais de Francisco Díaz-Fierros, Pegerto Saavedra, Ramón Villares e Xosé Ramón Barreiro.

Os outros propostos foron Ricardo Carvalho Calero (apoiado por Manuel González González, Francisco Fernández Rei e Euloxio Ruibal), Celestino Fernández de la Vega (promovido por Rosario Álvarez Blanco, Andrés Fernández-Albalat e Andrés Torres Queiruga), Manuel María (defendido por Margarita Ledo Andión, Darío Xohán Cabana, Fina Casalderrey e Xosé Luís Regueira Fernández) e Xela Arias (defendida por Ramón Lorenzo, Antón Santamarina e Xosé Fernández Ferreiro).[87]

A decisión final resultou polémica e recibiu críticas da Mesa pola Normalización Lingüística[5], Manuel Rivas, Xosé Manuel Carril,[88] Fran Alonso, Bernardo Máiz[89] e Suso de Toro,[90] e mesmo provocou que a comisión executiva da Academia publicase unha nota na que afirmaba que “non tivo máis papel na elección da figura para as Letras Galegas 2015 cá que sinala o Regulamento de Réxime Interno da RAG, isto é, dar trámite ao Plenario das propostas recibidas”.[85]

  1. Necrolóxica de María Teresa en ABC, 10/5/1995 (en castelán).
  2. El intelectual gallego Xosé Filgueira Valverde falleció ayer... El País, 14/9/1996 (en castelán),
  3. Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine., Real Academia Galega, 4/7/2014.
  4. O historiador galego Lucio Martínez Pereda, nunha entrevista Arquivado 08 de marzo de 2015 en Wayback Machine. realizada pola xornalista Montse Dopico e publicada en marzo de 2015 a teor da publicación do ensaio Medo político e control social na retagarda franquista (Xerais, 2015), contestaba así respecto ao papel de Filgueira Valverde na comisión de substitución de mestres por persoas ideoloxicamente afíns ao réxime:"...o seu papel foi o dunha persoa astuta que tivo o poder suficiente para eliminar probas sobre a súa importantísima colaboración coa ditadura franquista. Como premio polos “servizos prestados” en tres organismos de depuración -bibliotecas, docentes, e revisión de sancións- foi nomeado catro veces procurador nas cortes franquistas".
  5. 5,0 5,1 "A Mesa non apoia dedicar o Día das Letras Galegas 2015 a Filgueira Valverde Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. 6/7/2014.
  6. González Gómez Xesús. "A estraña ausencia de biografías de Filgueira Valverde e outras curiosidades literarias" Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine., Biosbardia, 19/3/2015.
  7. Xusto Beramendi: "Filgueira Valverde e o nacionalismo. Polos vieiros da Dereita Galeguista" en Faro da Cultura, Faro de Vigo, 16/5/2015.
  8. Gómez Sánchez, Anxo; Queixas Zas, Mercedes (2001). Edicións A Nosa Terra, ed. Historia xeral da literatura galega (1ª ed.). Vigo. p. 185. ISBN 84-95350-79-3. 
  9. Aniversario do Seminario de Estudos Galegos Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine., Real Academia Galega, 15/10/2013.
  10. Ponte Hernando, Fernando: "La tesis doctoral de Filgueira Valverde" Arquivado 24 de maio de 2015 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 24/5/2015 (en castelán).
  11. 11,0 11,1 "El día que Filgueira dejó el Museo" Faro de Vigo, 11/12/11.
  12. Filgueira Valverde, José Fernando reportaxe de PontevedraTV en YouTube, 22/11/2011.
  13. Troyano Viedma, José Manuel. "Cronistas oficiales de las comunidades autónomas de Cantabria, Cataluña, Extremadura y Galicia (España)". Real Asociación Española de Cronistas Oficiales (en castelán). 
  14. Persoeiros do Museo Arquivado 18 de xullo de 2011 en Wayback Machine., Museo de Pontevedra.
  15. "Membros de número: Xosé Filgueira Valverde". Real Academia Galega. .
  16. "Membros de número: Casto Sampedro y Folgar". Real Academia Galega. .
  17. Ínsua, Emilio Xosé (10-4-2015). "Sobre Filgueira Valverde". 
  18. López Torre, Rafael (2015): Filgueira Valverde. Crónica de una alcaldía (1959-1968), Concello de Pontevedra e Faro de Vigo, D.L.: PO 314-2015 (en castelán).
  19. Ficha no Congreso dos Deputados (en castelán).
  20. Orde de 27 de maio de 1969, Villar Palasí, BOE n.º 154, 28 de xuño de 1969.
  21. Historia do Instituto, IEGPS-Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento.
  22. "40º aniversario da fundación do Instituto da Lingua Galega..." ILG, 21/3/2011
  23. A historia da Casa-Museo, Fundación Rosalía de Castro.
  24. Relación de membros da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando
  25. "Académicos Numerarios da Real Academia de la Historia". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2013. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  26. 26,0 26,1 "Ideas y sistema de la historia de Fray Martín Sarmiento" en Google Books.
  27. Académicos honorarios Real Academia Galega de Belas Artes.
  28. Decreto, DOG. n.º 1 22 de xaneiro de 1982.
  29. Decreto, DOG. n.º 33 17 de decembro de 1982.
  30. Decreto, DOG. n.º 128 16 de setembro de 1983.
  31. Decreto 489/1990, Manuel Fraga Iribarne, DOG n.º 216, de 3 de novembro de 1990.
  32. Decreto 288/1995 Manuel Fraga Iribarne, DOG. n.º 214, de 8 de novembro de 1995.
  33. Pita Andrade, José Manuel (1996): "Necrología del Excmo. Sr. D. José Filgueira Valverde" en Boletín de la Real Academia de la Historia t. CXCIII, c. III p. 373, Madrid.
  34. "A obra de Xosé Filgueira Valverde supera os 300 títulos" La Voz de Galicia, 5/7/2014.
  35. Ferro Ruibal, Xesús. Boletín n.º 361 da RAG Arquivado 15 de xullo de 2014 en Wayback Machine. Ano 2000. ISBN 84-87987-21-4.
  36. Listaxe parcial de artigos, colaboracións e libros de Filgueira Valverde en Dialnet.
  37. Filgueira Valverde, un sabio na corte do Teucro: "O mal" 25/10/2008.
  38. Índices dos nove tomos do Adral
  39. Iglesias, Xabier. Os libros de Ánxel Casal 22/3/2014.
  40. Iglesias, Xabier. Os libros de Ánxel Casal 6/5/2015.
  41. Da épica na Galicia medieval Arquivado 18 de xullo de 2014 en Wayback Machine., discurso de ingreso na RAG en 1941, publicado en 1973.
  42. 42,0 42,1 Reeditado en 2015 por Editorial Galaxia.
  43. Otero, Isaac: Crónicas de la Emigración Arquivado 24 de maio de 2015 en Wayback Machine. 18/5/2015 (en castelán).
  44. Estudios sobre lírica medieval vista previa en Google Books.
  45. 45,0 45,1 Ánxel Casal, un editor para un país Consello da Cultura Galega, 2007.
  46. Reeditado en 2015 ("Reeditan "Os nenos", de Filgueira Valverde, en edición facsímil e ilustrada" Faro de Vigo, 11/4/2015).
  47. Casares Mouriño, Carlos, ed. (1990). Antoloxía da novela curta. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-746-5. 
  48. 48,0 48,1 48,2 En abril de 2015, Galaxia editou o libro O Vigairo / A monxa-frade / Agromar / Aucto de Santa María, 164 pp, con portada de Ovidio Murguía, ISBN 978-84-9865-602-2.
  49. Quintana viva, prosas de Xosé Filgueira Valverde, imaxe da portada.
  50. Quintana viva (ed. 1990). Vista previa en Google Books.
  51. Descarga dispoñible do orixinal e da versión en galego normativo
  52. Programa do Concerto das Letras Galegas, 2014 (extracto) Círculo das Artes de Lugo, Consello da Cultura Galega.
  53.   Tres pezas audiovisuais con textos de Filgueira Valverde TVG e Xunta de Galicia.
  54. Méndez Fernández, Luz. "Algunhas notas sobre Filgueira Valverde e o neotrobadorismo" en Cinguidos por unha arela común: homenaxe ó profesor Xesús Alonso Montero, v. 2, USC, Departamento de Filoloxía Galega, 1999.
  55. Descarga de 6 canciones de mar "in modo antico"
  56. Fundación Rogelio Groba (ed.). "Cantigas de Mar (cantata in modo antico)". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  57. Fundación Rogelio Groba (ed.). "Anxos de Compostela (cantata in modo antico)". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  58. Fundación Rogelio Groba (ed.). "Anxos de Compostela (Cantata in modo antico. Versión 2004)". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  59. Fundación Rogelio Groba (ed.). "Cantata de Maio (in modo antico)". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 16 de maio de 2015. 
  60. Revista Nós, números: 103 (xullo) completo e 104 (agosto) páxinas 151-155
  61. "Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2021. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  62. Imaxe da portada
  63. Álvaro Cunqueiro, imaxe da portada
  64. Fernández del Riego, Francisco (1971) [1951]. Historia da Literatura Galega (2ª ed.). Vigo: Galaxia. p. 245. 
  65. La artesanía en Galicia en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  66.   Conferencia: "Camoens, clásico español" na voz de Filgueira Valverde Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine. 12/06/1980, Fundación Juan March.
  67. Ferro Ruibal, Xesús (2015): Xosé Filgueira Valverde, O noso Adral, 136 pp., La Voz de Galicia, ISBN 978-84-9757-289-7.
  68. Datos da edición de 1970 Arquivado 09 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (hai unha edición posterior, de 1982, de Edicións Xerais, ISBN 84-7507-059-0.)
  69. "Los «Pontevedreses universales» de Filgueira, reunidos en tres tomos" Arquivado 22 de xuño de 2015 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 14/10/2000.
  70. Orden de 1 de outubro de 1961, Iturmendi, BOE n.º 251, de 20 de outubro de 1961.
  71. Decreto 1144/1964, Francisco Franco, BOE n.º 102, de 28 de abril de 1964.
  72. Boletín de la Real Academia Gallega nº. 355 Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. (en castelán).
  73. Real Decreto 514/1980, Xoán Carlos R., BOE n.º 69, de 20 de marzo de 1980.
  74. "El investigador y poeta Filgueira Valverde, ganador del premio Otero Pedrayo" ABC, 15/11/1986 (en castelán).
  75. "Premiados 1989. Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  76. "Do 1978 ao 2012. Fundación Premios da Crítica Galicia". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2016. Consultado o 09 de xullo de 2014. 
  77. Vídeo, Doutor Honoris Causa pola Universidade de Santiago Televisión de Galicia.
  78. Doutores e doutoras Honoris Causa pola Universidade de Vigo.
  79. Orden de 17 de decembro de 1998, Aguirre y Gil de Biedma, BOE n.º 8, 9 de xaneiro de 1999.
  80. Decreto 357/1996 DOG. nº 190, de 27 de setembro de 1996.
  81. Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra[Ligazón morta] 9/3/2007.
  82. Mapa de mobilidade do Concello de Pontevedra Arquivado 21 de xuño de 2013 en Wayback Machine. 5'25 MB.
  83. Plano rueiro do Concello de Arteixo Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. 4'1 MB.
  84. Orde DOG. n.º 205, 25 de outubro de 1984.
  85. 85,0 85,1 Nota aclaratoria da Executiva da Academia sobre a elección da figura dedicataria do Día das Letras Galegas 2015 Arquivado 27 de xullo de 2014 en Wayback Machine., 10 de xullo de 2014.
  86. "Xosé Filgueira Valverde será o protagonista das Letras Galegas en 2015" Diario de Pontevedra, 5/7/2014.
  87. "Filgueira Valverde, no olimpo das Letras Galegas" Faro de Vigo, 6/7/2014.
  88. "Un grupo de académicos de la RAG manifiesta incomodidad por la elección ..." Arquivado 14 de xullo de 2014 en Wayback Machine. Cadena SER, 7/7/2014.
  89. "Aumenta a polémica pola escolla de Filgueira Valverde para as Letras 2015" Praza Pública.
  90. «Un ano para Filgueira Valverde: burla, loucura ou provocación?» 7 de xullo de 2014.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Casto Sampedro Folgar
 Cronista da provincia de Pontevedra 
1940 - 1996
Sucesor:
-
Predecesor:
Xerardo Álvarez Limeses
(interino)
  
Director do Museo de Pontevedra
 
1940-1986
Sucesor:
Xosé Carlos Valle Pérez
Predecesor:
Prudencio Landín Carrasco
  
Alcalde de Pontevedra
 
1959 - 1968
Sucesor:
Ricardo García Borregón
Predecesor:
non existía
  
Conselleiro de Cultura
 
1982 - 1983
Sucesor:
Alejandrino Fernández Barreiro
Predecesor:
Ramón Piñeiro
 Presidente do Consello da Cultura Galega 
1991 - 1996
Sucesor:
Carlos Casares
Predecesor:
Salvador de Moxó Ortiz de Villajos
 
 
Real Academia da Historia
Medalla 26
 
1980 - 1996
Sucesor:
Alfonso E. Pérez Sánchez