Xosé Manuel Carril
Xosé Manuel Carril Vázquez, nado en Londres o 7 de agosto de 1969, é profesor de Dereito do Traballo e Seguridade Social na Universidade da Coruña e político galego vinculado ao BNG a través da UPG.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1969 (55 anos) Londres, Reino Unido |
Educación | Universidade da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Familia | |
Irmáns | Paulo Carril |
É irmán de Paulo Carril,[1] Secretario Confederal de Organización da CIG desde 2013 e Secretario Comarcal do sindicato na comarca da Coruña de 2001 a 2013.[2]
Traxectoria profesional
editarLicenciado en Dereito desde 1992, Graduado en Dereito desde 1994 e Doutor desde 1998 pola Universidade da Coruña, foi Premio extraordinario de doutoramento da Universidade da Coruña (1998-1999) e desde 2003 é Profesor Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
Autor de dúas monografías e de máis de medio centenar de artigos publicados en diversas revistas, algúns deles sobre Dereito Social da Unión Europea, Dereito francés do Traballo e da Seguridade Social, Dereito italiano do Traballo e da Seguridade Social, Dereito norteamericano do Traballo e Dereito do Traballo e da Seguridade Social en Galiza é ademais coautor de dous manuais universitarios de Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Foi relator e comunicante en distintas reunións e congresos nacionais e internacionais sobre Dereito do Traballo e da Seguridade Social e Secretario Xeral da Universidade da Coruña (2006-2010).
É membro do Consello Científico do Anuario da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña («Revista xurídica interdisciplinar internacional»).
Traxectoria política
editarMembro das asembleas constituíntes de Galiza Nova na cidade da Coruña, dos Comités Abertos de Facultade da Universidade da Coruña, o colectivo antimilitarista Galiza Insubmisa e da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Comarca da Coruña. É tamén membro do Consello Local do BNG da cidade da Coruña e do Consello Nacional.
En 2006, foi xulgado e condenado canda Pilar García Negro e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde pública durante un pleno presidido por Francisco Vázquez en 2004; naquela sesión o alcalde pretendía cooficializar os topónimos castelán e galego para a cidade.[3][4]
En 2010, pasou á primeira liña da política coruñesa, ao ser elixido candidato do BNG á alcaldía do concello da Coruña, sucedendo o histórico Henrique Tello e exercendo así de portavoz do BNG na corporación municipal desde aquela até o ano 2015.
Durante a maior parte da súa etapa como voceiro do BNG nos plenos do concello coruñés simultaneou a súa actividade política coa docencia universitaria, especialmente na Facultade de Traballo do Campus de Esteiro en Ferrol. No ano 2014, foi detido e acusado de impedir pola forza un desafiuzamento, sendo condenado ao pagamento de 600 euros de multa e as custas procesuais.[5]
En xuño de 2015, presentou a súa dimisión como concelleiro na cidade da Coruña tralos malos resultados obtidos nas eleccións municipais, nas que o BNG perdeu tres edís e preto de 7 000 votos con respecto ás anteriores eleccións. Xunto a el abandonaron tamén María Xosé Bravo e Marisol Mirás (segunda e terceira na candidatura respectivamente), pasando a ocupar o único posto de concelleiro acadado polo BNG a número catro da lista, Avia Veira.[6]
Obras
editarIndividuais
editar- 1999, La Seguridad Social de los trabajadores del mar. Ed. Civitas. ISBN 84-470-1242-5
- 2003, Asociaciones sindicales y empresariales de carácter internacional. Ed. Comares, 2003. ISBN 84-8444-753-7
- 2015, Una cuestión de Derechos Humanos: la protección de Seguridad Social de nuestros trabajadores del mar emigrantes en Noruega. Ed. Aranzadi. ISBN 978-84-9098-055-2
- 2019, La pesca pirata: un estudio jurídico desde la perspectiva del Derecho del Trabajo y de la Seguridad Social. Atelier. ISBN 9788417466541
Notas
editar- ↑ E. Silveira (2010-12-15). "Carril se entrevista con Carril". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Costas, Lui. "Paulo Carril abandona la Secretaría Comarcal de la CIG tras doce años - La Opinión A Coruña". Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (2004-11-03). "El Ayuntamiento coruñés aprueba usar La Coruña de modo oficial". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Alberto Mahía (2006-04-27). "Condenados tres militantes nacionalistas por insultar a Francisco Vázquez en un pleno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Galerías, Paco (2015-05-16). "Un político entre policías". La Opinión de A Coruña (en castelán) (publicado o 15 de maio de 2016). Consultado o 5 de febreiro de 2024.
- ↑ Redacción (2015-06-05). "Carril dimite por "ética e responsabilidade" e Avia Veira será a voceira do BNG na Coruña". Praza Pública. Consultado o 2024-02-05.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Intervención de Xosé Manuel Carril no Fórum Europa-Nova Economía
- Candidat@s 2011 do BNG Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Arquivo de bng-galiza.org