Facultade de Dereito da Coruña
Facultade de Dereito da Coruña | |
---|---|
Facultade de Dereito da Universidade da Coruña | |
Universidade: | Universidade da Coruña |
Localización: | A Coruña |
Campus: | Elviña |
Enderezo: | |
Ano de fundación: | |
Decano: | |
Docentes: | |
Estudantes: | |
Teléfono: | |
Correo electrónico: | |
Páxina web: | https://www.udc.es/dereito/ |
A Facultade de Dereito da Coruña é un centro educativo da Universidade da Coruña situado no Campus de Elviña. A actual localización inaugurouse en 1996.
Titulacións
editarEstá en proceso de adaptación ó EEES nado a raíz do proceso de Bologna. Tras esta reforma universitaria, na Facultade impártense os graos en Dereito e en Dereito + ADE.
Están en proceso de extinción a licenciatura en Dereito e a dupla licenciatura en Dereito e Administración de Empresas, ademais do máster en Dereito: Especialidade en Estudos da Unión Europea, e o máster en Asesoramento Xurídico Empresarial. Tamén está neste proceso o doutoramento en Liberdades Públicas e Dereitos fundamentais.
Equipo decanal
editarO actual decano[cando?] é Xulio Ferreiro Baamonde, sendo vicedecanos Ana Aba Catoira, Natalia Álvarez Lata e Jorge Antonio Quindimil López.[1]
Departamentos
editarOs departamentos cos que conta a Facultade son: Dereito Privado, Dereito Público e Dereito Público Especial.[2] Outros departamentos son Fundamentos da Análise Económica (Economía Política) e Economía Aplicada (Facenda Pública).
Notas
editar- ↑ ""Equipo decanal"". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2021. Consultado o 05 de setembro de 2021.
- ↑ "Departamentos, áreas e profesores"[Ligazón morta]
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |