Pilar García Negro
María del Pilar García Negro, nada en Lugo o 9 de outubro de 1953, é unha política, escritora, sociolingüista e profesora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Pilar García Negro quedavu eltas 9 de outubro de 1953 (71 anos) Estado de Tlaxcala, México |
Deputada do Parlamento de Galicia | |
16 de xaneiro de 1990 – 23 de decembro de 2003 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritora, política |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Xénero artístico | ensaio |
Profesora na Universidade de Coruña. Directora da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas |
Traxectoria
editarEstudou filoloxía hispánica e filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela, doutorándose en 1991.
Foi profesora de lingua española no Instituto Eusebio da Guarda da Coruña entre 1976 e 1985 e na Sardiñeira entre 1985 e 1990. Deu sempre as clases en galego, o que lle valeu a apertura dun expediente sancionador en 1983. Dende 1991 é profesora da Universidade da Coruña, sendo profesora titular desde 1995 no Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística.
Publicou a sección "O idioma" no semanario A Nosa Terra entre marzo de 1978 e agosto de 1979, seguíndolle "Leccións de Literatura e de Lingua" con Xosé María Dobarro de 1979 a 1980.
Pilar García Negro interveu en numerosos congresos nacionais e internacionais sobre sociolingüística, linguas europeas non normalizadas, literatura galega e feminismo, e publicou edicións e estudos sobre Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Pardo Bazán, Castelao, Xesús San Luís Romero, Ramón Villar Ponte, Eduardo Blanco Amor, Ricardo Carvalho Calero, Jenaro Marinhas del Valle, Manuel María, María Xosé Queizán, Lois Diéguez, Marica Campo ou Pilar Pallarés.
Foi presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña (1983-1988). É membro do Consello de redacción de Altres nacions, da Revista de Filoloxía da Universidade da Coruña e da revista Terra e Tempo. Colaboradora da AS-PG, AELG e Mesa pola Normalización Lingüística. Desde 2004 é a directora-xerente da Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
Traxectoria política
editarFoi deputada no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1989 e 2003. Durante ese período destacou por ser unha das principais defensoras da legalidade do topónimo galego da cidade da Coruña fronte os recursos nos tribunais do daquela alcalde da cidade, Francisco Vázquez, para manter a oficialidade de dito topónimo en español.[1]
En 2006 foi xulgada e condenada canda Xosé Manuel Carril e Francisco Xosé Rei por inxurias e desorde pública logo dun pleno, celebrado en 2004[2], no Palacio de María Pita no que Francisco Vázquez pretendía cooficializar os topónimos galego e castelán para a cidade.[3][4]
Obra
editarEnsaio
editar- O galego e as leis. Aproximación sociolingüística (1991, Edicións do Cumio).
- Sempre en galego (1993, 1999, Laiovento).
- Direitos lingüísticos e control político (2000, Laiovento).
- Arredor de Castelao (2001, A Nosa Terra).
- María Mariño no ronsel das escritoras galegas (2007, Laiovento).
- Xosé María Álvarez Blázquez: Claro mencer do tempo... (2008, Deputación da Coruña).
- De fala a lingua: un proceso inacabado (2009, Laiovento).
- O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo (2010, Sotelo Blanco).
- Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación (2010, Laiovento).
- Outramente... (2012, Laiovento).
- Cantares gallegos hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro (2013, Alvarellos).
- Galiza e feminismo en Emilia Pardo Bazán (2021). Lugo: Alvarellos. 158 páxs. ISBN 978-84-18567-07-0.
- Rectificar a historia Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero (2021). Santiago: Laiovento. 288 páxs. ISBN 978-84-9151-631-6.
- Intenso e solidario feminismo. Estudos rosalianos (2023). Servizo de Publicacións da UDC. 228 páxs.[5]
Edicións e estudos
editar- A gente da Barreira, de Ricardo Carvalho Calero; Teatro, de Jenaro Marinhas del Valle (1997, AS-PG/A Nosa Terra).
- Poesia galega, de Valentín Lamas Carvajal (1998, Ediciós do Castro).
- Confusión de María Balteira, de Marica Campo (2006, Universidade da Coruña). Edición e estudo introdutorio da obra.
- El caballero de las botas azules. Lieders. Las literatas, de Rosalía de Castro (2006, Sotelo Blanco). Edición e estudo introdutorio.
- Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa (2022). Manuel Castelao Mexuto e María Pilar García Negro (Eds.). Biblos. 670 páxs. ISBN 978-84-15086-54-3.
Traducións
editar- Rosalía de Castro. Notas biográficas, de Augusto González Besada (2004, A Nosa Terra).
- Idioma e poder social, de Rafael L. Ninyoles (2005, Laiovento). Tradución con Antonio Molexón Domínguez.
Obras colectivas
editar- Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas (1980, AS-PG/Xistral).[6]
- 33 aproximacións á literatura e á língua galega (1984, 1990, Ediciós do Castro). Coeditora con Xosé María Dobarro.
- Castelao contra a manipulación (1984, Xistral).
- A domeadora, de Antón Losada Diéguez (1985, Cadernos da Escola Dramática Galega). Con Xosé María Dobarro.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole (1986, Concello de Lugo).
- O fidalgo, de Xesús San Luís Romero (1986, Ediciós do Castro). Coeditora con Xosé María Dobarro.
- O ensino da língua: Por un cámbio de rumo (1995, AS-PG), en colaboración con Xoán Costa Casas.
- Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX: antoloxía (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Edición con Anxo Gómez Sánchez e Francisco Rodríguez.
- A literatura galega do pre-renacemento: (1808-1863) (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Edición con Anxo Gómez Sánchez.
- Obra literaria e xornalística: antoloxía, de Valentín Lamas Carvajal (1996, AS-PG/A Nosa Terra). Edición con Anxo Gómez Sánchez e Mercedes Queixas.
- Manuel María (2001, Ophiusa).
- Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003, Consello da Cultura Galega).
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra (2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega).
- Bautista Álvarez, 40 anos da UPG, 40 perguntas (2005, Fundación Bautista Álvarez).
- O Tratado da Constitución Europea. Visións desde Galiza (2005, Baía Edicións).
- Nicomedes Pastor Díaz, unha existencia exemplar, de Ramón Villar Ponte (2006, Fundación Caixa Galicia).
- Textos filosófico-políticos de Ramón Vilar Ponte. Volume I (2006, Deputación de Lugo).
- Actas do Congreso Manuel María, Literatura e Nación: (A Coruña, 3-5 de novembro de 2005) (2009, Universidade da Coruña/AS-PG). Edición con Diego Pardo Amado.
- Sobre o racismo lingüístico (2009, Laiovento). Coeditora con Celia María Armas García.
- Lingua e futuro (2010, Laiovento).
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe) (2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas).
- Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011, Galaxia).
- Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano (2011, A. C. Alexandre Bóveda).
- Carvalho Calero atual (2012, Através).
- Rosalía na cobiza do lonxe (2013, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades).
- 50 preguntas, 50 argumentos para a soberanía (2014, Fundación Bautista Álvarez).
- No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal (2015, Alvarellos).
- As Irmandades da Fala (1916-1931) (2016, Laiovento).
Premios
editar- XV Premio de Ensaio en Ciencias Sociais Vicente Risco no 2010, por O clamor da rebeldía.
- Premio AELG na modalidade de ensaio no 2011, por O clamor da rebeldía.
- Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor Libro de Non Ficción de 2013, por Cantares gallegos hoxe.
- Premio Insua dos Poetas 2020.[7]
Notas
editar- ↑ "García Negro llama jeta a Vázquez por no respetar el topónimo". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-10-05. Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Pereiro, Xosé Manuel (2004-11-03). "El Ayuntamiento coruñés aprueba usar La Coruña de modo oficial". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Alberto Mahía (2006-03-09). "Los juzgados por insultar a Vázquez en un pleno se sienten perseguidos". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Alberto Mahía (2006-04-27). "Condenados tres militantes nacionalistas por insultar a Francisco Vázquez en un pleno". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-06-25.
- ↑ Rivadulla Costa, Diego (Abril, maio, xuño 2024). "Celebración do feminismo rosaliano". Grial LXII (242): 90, 91. ISSN 0017-4181.
- ↑ "Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de decembro de 2018. Consultado o 28 de decembro de 2018.
- ↑ asociacionescritoras-es. "Os premios Ínsua dos Poetas recoñecen Pilar García Negro, Sés e o persoal sanitario. Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-07-17.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pilar García Negro |