José Luis Villar Palasí

político español

José Luis Villar Palasí, nado en Valencia o 30 de outubro de 1922 e finado en Madrid o 7 de maio de 2012, foi un intelectual, xurista e político español,[1] subsecretario do Ministerio de Comercio (1962-1965), Ministro de Educación desde o 17 de abril de 1968 ao 11 de xuño de 1973[2] e Presidente do Consello Superior de Investigacións Científicas de 1971 a 1973.

Infotaula de personaJosé Luis Villar Palasí

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1922 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
11 de novembro de 1971 – 14 de decembro de 1973 – Enrique Gutiérrez Ríos (en) Traducir, Julio Rodríguez Martínez (pt) Traducir →
Spanish National Research Council president (en) Traducir
1971 – 1973
Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España
29 de outubro de 1969 – 9 de xuño de 1973
← Manuel Lora-TamayoJulio Rodríguez Martínez (pt) Traducir →
Procurador en Cortes
18 de xuño de 1968 – 12 de novembro de 1971
← Enrique García-Ramal (pt) Traducir
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 20 de decembro de 1965
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1106001 Dialnet: 246225

Villar Palasí foi pai da EXB en 1970. Estableceu a obrigación de escolarizar aos nenos ata os catorce anos de idade e introduciu o estudo das linguas e literaturas rexionais no sistema educativo público.

Carreira profesional

editar

Lei Xeral de Educación de 1970

editar

Impulsou a Lei Xeral de Educación e Financiamento da Reforma Educativa, que supuxo un importante esforzo de modernización do sistema educativo, entre cuxos principais fitos destacan o ensino primario obrigatorio ata os catorce anos, coa Educación Xeral Básica (EXB), e creou a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). A reforma educativa, ademais de establecer a EGB, creou o Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) e a Formación Profesional (FP). Entre outras prerrogativas, a nova norma establecía que nas rexións nas que ademais do español se utilizase outra lingua se estudase, obrigatoriamente, unha materia desta lingua.

Publicacións, cargos e distincións

editar
 
Placa no claustro do Mosteiro de Santa María da Armenteira (Meis, Pontevedra), dedicada a Villar Palasí

Son obras súas varios libros relacionados co Dereito Administrativo, o seu principal ámbito de especialización: Observaciones sobre el sistema fiscal español, Justo precio y transferencias colectivas, Apuntes de Derecho Administrativo, Derecho Administrativo, Los jurados de empresa e Administración y planificación;[3] así mesmo colaborou en revistas xurídicas españolas e estranxeiras.[4]

  1. Diccionario Enciclopédico Galego Universal, t. 59, p. 99.: Villar Palasí, Josep Lluís... Político e xurista. Foi ministro de Educación e Ciencia... e realizou unha reforma da ensinanza coa Lei Xeral de Educación...
  2. Diccionario Enciclopédico Salvat Universal, t. 20, p. 360. Salvat, Barcelona. ISBN 84-345-3221-2: "VILLAR PALASÍ, José Luis" (en castelán).
  3. Enciclopedia Universal Micronet en DVD, Micronet, San Sebastián de los Reyes, 2006 (en castelán).
  4. Obra de José Luis Villar Palasí en Dialnet.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Cacho Cortés, Jesús (1999). El negocio de la libertad. Madrid: Foca, ediciones y distribuciones, S.L. ISBN 84-930481-9-4. 
  • Gómez-Ferrer Morant, Rafael, coord. (1989), Libro homenaje al profesor José Luis Villar Palasi. Editorial Civitas. ISBN 84-7398-645-8.

Ligazóns externas

editar