Daniel de la Sota
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Daniel de la Sota Valdecilla, nado en Ceceñas (Medio Cudeyo, Cantabria) o 9 de xuño de 1877 e finado en Pontevedra o 11 de febreiro de 1958[1], foi un enxeñeiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de xuño de 1877 Ceceñas, España |
Morte | 11 de febreiro de 1958 (80 anos) Pontevedra, España |
Membro da Asemblea Nacional Consultiva | |
10 de outubro de 1927 – 15 de febreiro de 1930 | |
Presidente da Deputación de Pontevedra | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Alejandro de la Sota Martínez |
Traxectoria
editarChegou a Pontevedra como capitán do Corpo de Enxeñeiros, co obxecto de construír o Cuartel de San Fernando (na actual Facultade de Belas Artes de Pontevedra) e outros recintos militares[2]. Foi presidente da Deputación de Pontevedra entre os anos 1924 e 1930. En 1927 ofreceulle un local á Misión Biolóxica de Galicia e esta trasladouse a Pontevedra. Tamén en 1927 colabora na creación do Museo de Pontevedra. Foi o primeiro presidente da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1930).
Vida persoal
editarCasou con María Teresa Martínez Correa, e foi pai de Alejandro, María, Luisa e Ramón de la Sota[3]. Foi soterrado en Salcedo.
Predecesor: José Echevarría Harguindey |
Presidente da Deputación de Pontevedra 1924 - 1930 |
Sucesor: Casto Sampedro Folgar |
Notas
editar- ↑ "¡Ha muerto D. Daniel de la Sota!", El Pueblo Gallego, 13 de febreiro de 1958.
- ↑ "El fallecimiento del Excelentísimo Sr. D. Daniel de la Sota y Valdecilla", Faro de Vigo, 13 de febreiro de 1958.
- ↑ Marínez Casal Arquivado 11 de abril de 2018 en Wayback Machine. en Xenealoxía.