Carlos Villanueva Abelairas

profesor universitario español

Carlos Villanueva Abelairas, nado en Melilla o 21 de decembro de 1949[1], é un músico e musicólogo galego, especializado en música medieval.[2]

Carlos Villanueva Abelairas
Nacemento21 de decembro de 1949
Lugar de nacementoMelilla
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónprofesor universitario, musicólogo, músico e crítico musical
Na rede
Dialnet: 332487
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Aínda que naceu en Melilla, reside en Lugo dende os catro anos de idade. Formado no seminario de Lugo, en 1975 licenciouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, na que é profesor dende o ano 1989 e catedrático dende o 2000.[3][4] Así mesmo foi profesor visitante das universidades de Pensilvania, Oviedo e Granada.

Foi crítico musical para El Correo Gallego e La Voz de Galicia e é asesor da Fundación Pedro Barrié de la Maza, baixo o patrocinio da que codirixiu o proxecto de construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria entre os anos 1990 e 1994.[1]

En 1982 outorgóuselle o Premio da Crítica Galicia na categoría de música.[5]

Libros publicadosEditar

  • Víctor Said Armesto. Una vida de romance (2014), Consorcio de Santiago.
 
Unha imaxe do Pórtico da Gloria (virada horizontalmente) ilustra a portada do disco La música medieval en Galicia.[12]

DiscografíaEditar

  • Cantigas de Santa María, Códice Calixtino e Martín Códax, 1980.[13]
  • La música en el Camino de Santiago, premio nacional de discografía 1982.[14]
  • La música medieval en Galicia, 1983.[15]
  • Canciones de romeros y peregrinos, 1984.[16]
  • Trovadores y neotrovadores gallego-portugueses, premio nacional de discografía 1986.
  • In Itinere, DiscMedi, Barcelona, 1995.[17]
  • Os sons do Pórtico da Gloria, 1995.[18]
  • Qui transitis per viam, Ahorita Fonográfica, 1999.
  • Renacemento e Barroco, v. I e II, BOA Music, 2002.
  • A campá da lúa, BOA Music, 2002.[19]

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Departamento de Historia da Arte Arquivado 04 de novembro de 2012 en Wayback Machine. Universidade de Santiago de Compostela
  2. «La música del Camino en la Universidad de Pennsylvania» Federación Española de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago (en castelán).
  3. Resolución de 30 de marzo de 2000 Boletín Oficial del Estado (en castelán).
  4. Resolución de 30 de marzo de 2000 Diario Oficial de Galicia.
  5. Fundación Premios da Crítica Galicia, premiados do 1978 ao 2012
  6. Vilancicos galegos do Nadal, imaxe da portada
  7. "Los villancicos gallegos". fundacionbarrie.org. Consultado o 2020-05-02. 
  8. "MANUEL DE FALLA A TRAVES DE SU MUSICA (1876-1946)". www.laie.es. Consultado o 2020-05-02. 
  9. "Ciclo de clavecín: estudios críticos y notas a los conciertos, ficha de datos". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  10. "El Códice Calixtino y la música de su tiempo, ficha de datos". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  11. "Los villancicos a Santiago de Fray José de Vaquedano (1642-1711)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de outubro de 2019. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  12. "La música medieval en Galicia. Grupo Universitario de Cámara de Compostela". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  13. "Cantigas de Santa María, Códice Calixtino e Martín Códax. Grupo Universitario de Cámara de Compostela". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  14. "La música en el Camino de Santiago, Grupo Universitario de Cámara de Compostela". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  15. "La Música medieval en Galicia, ficha de datos". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  16. "Canciones de romeros y peregrinos. Grupo Universitario de Cámara de Compostela". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014. 
  17. In Itinere na Rede de Bibliotecas de Galicia
  18. "Os sons do Pórtico da Gloria". fundacionbarrie.org. Consultado o 2020-05-02. 
  19. A campá da lúa na Rede de Bibliotecas de Galicia

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar