José Luis Varela Iglesias

profesor e escritor galego


José Luis Varela Iglesias, nado en Ourense o 10 de xuño de 1924, é un profesor e escritor galego. Membro correspondente da Real Academia Galega desde 1950[1].

Infotaula de personaJosé Luis Varela Iglesias
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1924 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncatedrático , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1210769

Traxectoria editar

Estudou o bacharelato en Ourense, onde fundou e dirixiu a revista literaria Posío. Foi discípulo de Vicente Risco. Estudou Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que acabou en Madrid en 1946. É doutor en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid (1948) e pola Universidade de Colonia (1956) e doutor honoris causa pola Universidade Nacional del Sur (Arxentina, 1997).

Foi catedrático de Literatura Española en La Laguna, Valladolid e Madrid, decano de Filosofía e Letras en La Laguna, de Ciencias da Información en Madrid, secretario xeral da Universidade Internacional das Canarias (As Palmas), vicerreitor da Universidade Complutense (Madrid), Gastprofessor das Universidades de Colonia, Innsbruck e Salzburg e visiting professor (California, Virxinia e Texas). Foi lector de español na Universidade de Colonia e secretario xeral do Instituto de España en Múnic (1956-1957). É catedrático emérito da Universidade Complutense de Madrid (desde 1989) e catedrático da University of Texas en Austin (desde 1990).

Obras editar

  • Ensayos de poesía indígena en Cuba, 1951.
  • Vossler y la ciencia literaria, 1955.
  • Poesía y restauración cultural de Galicia en el siglo XIX, 1958.
  • La palabra y la llama, 1967.
  • La transfiguración literaria, 1970.
  • Larra y España, 1983.
  • Tradición e innovación en Cunqueiro, 1992.
  • A literatura do exilio galego en América, 1995 (editor).

Premios editar

Medalla de Prata de Galicia en 2001.

Notas editar

  1. "Membros correspondentes". Real Academia Galega. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar